domingo, 13 de janeiro de 2008

[Vieiros] Díaz Pardo afirma que Marisol López "traballa para que o galego morra dignamente"

A secretaria xeral de Política Lingüística respondeulle que "estou aquí para que viva".

Os premios Voces de Liberdade do PEN Clube de Galicia distinguiron o sábado en Vigo a Isaac Díaz Pardo e Francisco Fernández del Riego, nun acto que contou coa asistencia de Ánxela Bugallo, Abel Caballero e Marisol López. A secretaria xeral de Política Lingüística foi obxecto das críticas de Díaz Pardo, que durante o seu discurso, e no momento en que saudaba ás autoridades presentes, referiuse a ela como "a muller que está traballando para que o galego morra dignamente". Marisol López respondeulle na súa intervención que "estou aquí para que viva".

Despois do acto, celebrouse un xantar no que destacados representantes da cultura galega, como Luz Pozo, Víctor Freixanes, Avelino Pousa Antelo ou María Xosé Queizán destacaron o importante papel de Díaz Pardo na historia recente de Galicia e fixeron referencia á actual situación de Sargadelos.

Fonte: Vieiros.

Sem comentários: