segunda-feira, 28 de janeiro de 2008

Ferrol: O BNG devolve o borrador do Consello de Medio Ambiente por incumprir a Ordenanza de Normalización

COMUNICADO DE PRENSA

O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol procedeu esta mañá a devolverlle ao alcalde da cidade, o socialista Vicente Irisarri, o borrador do Regulamento do Consello Municipal de Medio Ambiente por incumprir a Ordenanza Municipal de Normalización lingüística.

O BNG decidiu adoptar esta actitude diante dos continuos incumprimentos por parte do Goberno Local desta Ordenanza e o relaxamento existente nas diferentes concellarias a hora de velar porque os documentos se redacten en lingua galega, que é a lingua oficial do noso Concello tal e como se aprobou pola unanimidade dos grupos municipais desde o ano 1997.
O BNG advirte ao goberno local que velará polo estricto cumprimento desta ordenanza na acción de goberno e volve a reclamar a imediata convocatoria do Consello Municipal da Língua, xa que feitos como os que están a acontecer no concello demostran que se fai necesario a sua posta en marcha e o desenvolvimento do Plan de Normalización da nosa cidade.

Ferrol a 28 de xaneiro de 2008

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol

Fonte: Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Sem comentários: