Ana Camiño. Tras o informe presentado pola Mesa pola Normalización Lingüística sobre o galego no ensino, Educación alega as súas razóns.
O informe da Mesa pedía á Xunta que puxese en marcha de forma “urxente” cursos de formación para profesorado en lingua galega, facilitando así aos profesionais que impartan a metade das materias en galego.
Neste sentido, a Consellería indicou hoxe a A Nosa Terra que durante o pasado curso 2006/2007 se realizaron un total de 15 cursos de formación para profesorado en galego, ao que acudiron un total de 380 profesionais.
4000 prazas
Neste curso académico 2007/2008, o número de docentes que asisten a estes cursos elevouse a 3.960, que asisten a 85 cursos organizados polo departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón.
Pouco material en FP
A Mesa indicou tamén que o material escolar-- que tamén debe adaptarse ao decreto de uso da lingua galega-- non está en galego na maioría dos centros de formación profesional e ensinanzas musicais.
Neste eido, a Xunta alegou que a maior parte das materias neste tipo de estudos son de carácter práctico e que “apenas hai libros”.
Fonte: A Nosa Terra.
quarta-feira, 9 de janeiro de 2008
[A Nosa Terra] Resposta da Xunta á Mesa: Case 4000 docentes acoden a cursos de formación en galego
Publicada por de olho à(s) 01:13
Etiquetas: ensino, Institucional
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário