quinta-feira, 3 de janeiro de 2008

[Galicia Hoxe] Galicia Bilingüe denuncia a "politización" do uso do galego


Cre que diminúe a calidade do ensino
. REDACCIÓN

A presidenta da Asociación Galicia Bilingüe, Gloria Lago, acusou onte a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de estar "politizando" o uso da lingua galega nos colexios e de estar deixando a un lado o contido do ensino dos estudantes.

En conferencia de prensa, Lago asegurou que o colectivo que preside está detectando "unha crecente indignación" entre os pais de escolares sobre a aplicación do decreto que regula o uso do galego no ensino.

Segundo a presidenta de Galicia Bilingüe, tres meses despois de que entrara en vigor a nova normativa educativa do idioma, o castelán, na súa opinión, foi quedando relegado só a materias non troncais ou con menor carga horaria.

"A día de hoxe son xa miles os escolares que unicamente reciben en castelán a materia de Lingua e Literatura", criticou Lago, quen responsabilizou a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, de estar "fomentando" esa tendencia "primando a política lingüística sobre a calidade do ensino", dixo.

Fonte: Galicia Hoxe.

Sem comentários: