sábado, 12 de janeiro de 2008

[A Nosa Terra] Núñez Feijoo compara a política lingüística da Xunta coa do franquismo


Case ao tempo, na presentación dun libro da FAES, Aznar chamou a defender o castelán en Cataluña, Euskadi e Galiza.

Lingua, CRTVG, Galescolas, gasto público, transparencia, familias imaxe exterior de Galiza... Núñez Feijoo cargou contra todo, criticando de xeito absoluto a xestión política do goberno da Xunta no último ano, e mesmo denunciando o plus dos altos cargos, apoiado polo PP no Parlamento, ou alertando do "freno no avance do autogoberno galego" que ao seu xuízo se está a producir.

O secretario xeral do PP en Galicia foi especialmente dudo coas políticas de normalización da lingua, acusando á Xunta de "rachar o bilingüismo cordial" para implantar en Galiza unha soa lingua "ao igual que no franquismo", dixo. Curiosamente, case ao mesmo tempo, en Madrid José María Aznar afirmaba que cría chegado o momento de "reformar" as políticas lingüísticas das autonomías con lingua propia, en especial as de País Vasco e Cataluña, que segundo afirmou se teñen convertido en "instrumentos de coacción" contra os castelanfalantes. Foi na presentación en Barcelona do libro ¿Libertad o coacción?. Políticas Lingüísticas y nacionalismos en España, editado pola FAES.

No resto da súa intervención, Feijoo criticou a "restrición de dereitos e liberdades dos cidadáns", debido ao "intervencionismo do Goberno na vida privada das personas e as familias". Tamén apuntou a "perda de pluralidade dos medios públicos de Galicia". E finalmente insistiu no "freo do avance do autogoberno" debido á "pérda de imaxe de Galiza no exterior". Núñez Feijoo aludiu ao dato de que os gobernos de Fraga obtiveron do Goberno central 140 competencias, igualándose con Cataluña como comunidade autónoma con máis poder competencial.

Fonte: Vieiros.

Sem comentários: