A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, lembroulle ao presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, que o Decreto do uso do galego no ensino é un 'reflexo' do Plan de Normalización lingüística que el mesmo aprobou.
En declaracións aos medios tras visitar a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, a conselleira afirmou que o decreto "reflexa fielmente" o Plan de Normalización Lingüística aprobado por todos os grupos, incluído o PPdeG, no 2004.
Sánchez Piñón insistiu en que a non é máis que un "reflexo lexislativo" dese Plan, e "non di nin unha palabra máis nin unha palabra menos" do que di a norma que Núñez Feixóo apoiou no seu día co seu voto.
Por outra banda, a conselleira fixo referencia á denuncia feita pola CIG sobre a segregación por sexos nalgúns centros de educación privados que reciben subvención da Xunta. A ese respecto, recordou que o concerto está vixente desde 2005 e que, neste momento, tanto a Delegación como a Inspección de Educación "están avaliando se hai algún incumprimento".
Fonte: A Nosa Terra.
quarta-feira, 15 de outubro de 2008
[ANT] 'O decreto do galego é o reflexo do Plan de Normalización que o PPdeG tamén aprobou'
Publicada por de olho à(s) 22:03
Etiquetas: ensino, Institucional
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário