Entrevista com a dirigente do PP em A Nosa Terra (19.10.2008 | 08:27)
Xan Carballa. A senadora do PP Corina Porro, sostén que todo galego debe ter a obriga de coñecer o galego pero entende que se dá unha imposición no ensino.
Pensa que o galego debe ter os mesmos dereitos que o castelán?
Afortunadamente temos dous idiomas e o galego toda persoa que viva en Galicia debe ter a obriga de coñecelo e, libremente, cada cidadán sen imposicións falar o que lle pete. ¿Isto quere dicir que teñamos que dar o 90% das asignaturas en galego?
Ningún informe oficial nin estadística dá ese dato.
En moitísimos centros concertados danse todas as asignaturas en galego menos ximnasia e relixión, por exemplo nos Xesuítas en Vigo. Estou en contra do Decreto do Ensino porque hai asignaturas científico-técnicas, como poden ser as matemáticas, nas que non pode haber imposición, porque limitas os alumnos cando van fóra. A imposición provoca rexeitamento en persoas que terían que amar o idioma da súa terra.
Daquela considera que está en perigo o castelán en Galiza, como anunciou o Manifesto en Defensa de la Lengua Común?
Iso sería unha manipulación do que penso. A miña neta desde cativiña vive rodeada dos libros dos Bolechas e doutros en galego. Eu mesma tentei perfeccionalo, leo a poesía galega e nas miñas intervencións institucionais úsoo. O que digo é que a imposición vía decreto é mala para o galego e para a nosa cultura, porque provoca rexeitamento. E non falo de porcentaxes, senón da libertade dos pais para escoller a lingua na que escolarizar os fillos. E tamén de igualdade nas relacións dos cidadáns coa administración –deben ir todas as comunicacións nas dúas linguas cooficiais–; co comercio, aos que non debe impoñerse a rotulación en galego e que iso lles condicione as axudas. Hoxe hai investigadores competentes aos que non se lle admiten traballos na Xunta ou lle rebaixan a puntuación por non estar feitos en galego. Isto é inxusto.
Fonte: A Nosa Terra.
domingo, 19 de outubro de 2008
[ANT] Entrevista com Corina Porro 'Impoñer o galego é ir contra o galego'
Publicada por de olho à(s) 21:11
Etiquetas: comunicaçom, entrevistas
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário