segunda-feira, 7 de abril de 2008

[Vieiros] Juncal: “O galego ten máis oportunidades ca o castelán"

O até agora presidente do PP coruñés critica as “presións” da Xunta para normalizar a lingua do país.

O ferrolán Xoán Juncal debulla os últimos meses á fronte do Partido Popular da Coruña. Aínda que non o quere recoñecer publicamente, as escasas simpatías que ten entre os alcaldes dan inviábel que repita como presidente provincial. O agora senador concede este luns unha entrevista ao xornal El País. Na mesma, Juncal fala da actualidade política galega.

O ex rexedor de Ferrol considera que en Galiza está a haber unha “imposición” lingüística: “Son galego polos catro costados. Non falo galego porque non o aprendín na escola nin na casa, pero dóeme que se faga unha imposición a prol do galego. Hai moita presión da Xunta para propiciar unha inversión lingüística ao galego e iso é un erro”. O líder conservador tamén asegura que “agora hai máis oportunidades en galego e pode ter problemas o castelán”.

Juncal recoñece que o PPdeG ten difícil gañar nas vindeiras eleccións autonómicas, a principal razón, segundo o popular, é que o Goberno ten unha “vantaxe mediática”.

Fonte: Vieiros.
Entrevista com Juan Juncal no El País.

Sem comentários: