Los europeos deberán aprender en profundidad un tercer idioma además del materno y de los habituales para la comunicación internacional (inglés, francés o español), según recomienda un informe encargado por la Comisión Europea a un grupo de intelectuales con el fin de fomentar el multilingüismo.
Dirigido por el periodista y escritor libanés francófono Amin Maalouf, el trabajo presentado hoy 'Un reto provechoso. Cómo la multiplicidad de lenguas podría contribuir a la consolidación de Europa' servirá de base para la reflexión de las autoridades comunitarias y nacionales en futuras iniciativas legislativas.
La idea central del informe es que la Unión Europea y sus estados miembros preconicen en sus sistemas educativos una 'lengua personal adoptiva', explicó hoy Maalouf en rueda de prensa junto al comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban.
Según este concepto, se animaría a todos y cada uno de los ciudadanos europeos a elegir libremente una lengua distintiva, diferente tanto de su lengua identitaria como de la lengua internacional de comunicación.
'Tal como nosotros la concebimos, la lengua personal adoptiva no sería una segunda lengua extranjera, sino más bien una segunda lengua materna', dijo Maaluf, que destacó las ventajas de este esquema para la integración de los inmigrantes.
Aprendida en profundidad, hablada y escrita con frecuencia, se acoplaría al trayecto escolar y universitario de todo ciudadano europeo, así como en el currículo profesional de cada uno.
Su aprendizaje iría acompañado de una familiarización con los países en los que se hable esta lengua, con la literatura, la cultura, la sociedad y la historia vinculadas a esta lengua y a sus hablantes.
El informe recomienda también que las relaciones bilaterales entre los pueblos de la Unión Europea tengan lugar en las lenguas de los implicados, y no en una tercera como el inglés.
A juicio del grupo de once expertos, entre ellos el español Jorge Semprún, ninguna lengua estaría condenada a desaparecer ni a quedar reducida a la condición de dialecto local, con lo que sus hablantes, aunque fueran poco numerosos, 'no tendrían que sentirse nunca más despreciados, excluidos ni aislados'.
Preguntado por el encaje particular de los idiomas gallego, vasco y catalán en estas propuestas, Amin Maalouf respondió que 'cada país tiene situaciones específicas' y reiteró las ideas ya expuestas.
'Preservar todas las lenguas de nuestro patrimonio, incluidas lenguas ancestrales europeas como el latín o el griego antiguo, y favorecer su expansión en el resto del continente, incluso en el caso de las lenguas minoritarias, son aspectos intrínsecos de la idea de una Europa de paz, cultura, universalidad y prosperidad', concluye el informe.
Estas iniciativas serán debatidas por primera vez con responsables políticos nacionales en la próxima conferencia interministerial sobre multilingüismo del 15 de febrero en Bruselas, y tendrán una concreción legal el próximo mes de septiembre.
Fonte: Terra.
quinta-feira, 31 de janeiro de 2008
[Terra] Un informe encargado por la CE recomienda aprender una tercera lengua como la materna
Publicada por
de olho
à(s)
21:52
0
comentários
Etiquetas: ensino, Institucional
[gznacion] A política da lingua
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, vén de recuar "in extremis" na súa estratexia de sumarse ao discurso anti linguas cooficiais de Mariano Rajoy. Tras apoiar durante uns días as proclamas apocalípticas do PP de Madrid sobre colosais perigos que supostamente ameazan a sobrevivencia do castelán nas comunidades históricas, volveu ao rego da filosofía de toda a vida do PPdeG sobre a lingua: Feijoo acusa agora ao bipartito de estar a rachar "consenso" co último decreto sobre o galego no ensino.
A procura do "consenso" foi, en efecto, un dos piares que sustentaron a política lingüística dos populares durante os seus 16 anos de goberno. Segundo teñen apuntado varios expertos, a prioridade era evitar o "conflito", é dicir, artellar un acordo de mínimos para "promocionar" o galego sen alterar, en ningún momento, a posición social do castelán. Baixo esta perspectiva, a mellora das actitudes cara ao galego e da competencia nesta lingua foron os principais eixos de actuación do PPdeG, que renunciou a adoptar iniciativas máis decididas que permitisen impulsar a recuperacíón dos usos do galego nos espazos nos que este idioma fora substituído polo castelán.
Campañas publicitarias e cursos de galego. Pouco máis fixo o PPdeG. O cumprimento da lexislación desenvolvida para "promocionar" o galego quedaba suxeito á discrecionalidade das persoas ás que ía dirixida, mesmo no caso dos funcionarios da Administración. Porque, alegaban os populares, "os idiomas non se poden impor". Entón, o que queda, é fomentar o "amor polo galego" e ensinarlles aos cidadáns a lelo e escribilo "correctamente", -a falalo non tanto-.
Os resultados desta política lingüística son ben coñecidos, e deles deixaron constancia os estudos científicos: basicamente, fracaso á hora de conter a perda de falantes inicias e habituais e o proceso de substitución do galego polo castelán, e pervivencia da diglosia. Xunto á quebra da transmisión no seo da familia, coa progresiva desgaleguización das xeracións máis novas. A recuperación, insuficiente, do galego nos ámbitos de prestixio dos que se vira afastado durante o franquismo era máis consecuencia do esforzo dos colectivos normalizadores de base -por exemplo, no eido do ensino- que do da propia Administración.
A tese do "bilingüismo harmónico" foi a ideoloxía que sustentou a política lingüística do PP. Unha filosofía que presenta a vantaxe do seu atractivo para quen descoñeza, ou non queira ver, a situación sociolingüística galega porque, ¿quen vai amosarse en contra de que dúas linguas convivan en harmonía nunha sociedade "naturalmente" bilingüe, e ao abeiro do tan democrático principio da "liberdade de elección"? Está claro que, para quen peche os ollos á presión que o castelán exerce sobre o galego, o "bilingüismo harmónico" pode parecer ata unha boa idea.
Pero como a realidade non é a harmonía, senón o conflito -que os populares tenden e negar con argumentos de elevado nivel como que máis do noventa por cento dos galegos di entender o galego (só faltaría), ou que agora se pode ir a unha tenda, ao banco ou ao médico falando galego sen que te miren mal (circunstancia non sempre certa) - habería que buscar unha alternativa.
Non estou nada convencida de que o Plan Xeral de Normalización Lingüística -nin o tan atacado novo decreto do galego no ensino- supoñan un cambio de rumbo substancial con respecto á política lingüística do PP (se fose así, este partido non tería apoiado o primeiro). Nin de que a filosofía da Secretaría Xeral de Política Lingüística se afaste moito da das Direccións Xerais de Política Lingüística do PP.
Creo que o monolingüismo social en galego podería ser o obxectivo ideal a acadar -entendido non como a eliminación do castelán de Galicia, como o PP parece interpretar ás veces, senón como un uso normalizado do galego en todos os espazos sociais, sen que iso impida o uso do castelán, como do inglés, como linguas complementarias de relación, de coñecemento...-
Pero non o vexo moi factible a curto nin a medio prazo. Primeiro, porque creo que a mentalidade "tan gallego como el gallego" está moito máis estendida do que parece. Tendemos a dar respostas politicamente correctas nas enquisas en favor da "promoción" do galego, e a avogar de boca para fóra polo multilingüismo. Pero os estudos realizados con técnicas cualitativas -grupos de discusión, entrevistas en profundidade- detectan a pervivencia dos estereotipos que asocian o galego coa menor probabilidade de ascenso social e con "ser nacionalista", e a baixa percepción da utilidade de falar galego, sobre todo nos mozos e mozas. E, na práctica, esforzámonos pouco por contribuír á vitalidade do galego.
Por outra banda, están os procesos e tendencias sociais que favorecen o castelán, e contra os que non é nada doado loitar, mesmo querendo: o abandono do rural, por exemplo. Nestas circunstancias, creo que é necesario, polo menos, deseñar unha política lingüística máis decidida que a que tivemos ata o de agora. Facendo, en primeiro lugar, cumprir as leis que xa temos. As vulneracións dos dereitos lingüísticos dos administrados por parte de funcionarios, por exemplo, deberían ser sancionadas dalgún xeito.
Os incentivos positivos están ben. Pero non abondan. No mundo da economía, por exemplo, sería máis eficaz ligar o uso do galego á concesión das principais subvencións, e aos convenios e concesións, que facer campañas publicitarias e labor de formación e asesoramento, que tampouco sobran. Retirando as axudas ás empresas que incumpran o acordado -medios de comunicación por exemplo-. Sen esquecer que, se cadra, a prioridade debería ser crear espazos que permitan desenvolver a vida cotiá en galego. E, para iso, prestar especial atención ao mundo do lecer e tempo libre, servizos sociais, traballo... O ensino é importante, pero non o é todo.
Fonte: gznacion.
Publicada por
de olho
à(s)
18:16
0
comentários
Etiquetas: Institucional, opiniom
quarta-feira, 30 de janeiro de 2008
[Opiniom] Impostura e desorientación
Navia Franco
A quen non concorde coas mensaxes tranquilizadoras de alivio rápido que acompañan cada estudo estatístico que periodicamente se fai público sobre a situación da lingua, recoméndolle o libro que Xosé Manuel Sarille publicou en Candeia Editora recentemente: "A impostura e a desorientación na normalización lingüística".
Desde a liberdade de pensamento, o autor constrúe un ensaio no que describe e analiza as prácticas normalizadoras desenvolvidas en Galicia, ademais de incidir nos erros cometidos. Axentes normalizadores -ou non tanto- como son as universidades, a Real Academia Galega, a Xunta de Galicia ou os concellos cumpriron e cumpren un papel, moitas veces "durminte", que Sarille cuestiona.
Especialmente crítico cos nacionalistas polo compromiso diferenciador co idioma que se lles supón, o autor conclúe que a actual política lingüística do Bipartito é parecida á que levaron a cabo os gobernos de Manuel Fraga: máis conmemorativa que extensiva do galego. Os de antes e os de agora desenvolven unha "política de homenaxe" á lingua.
¿Coñecen os contribuíntes a cantidade de centros, institutos e seminarios financiados en parte ou na súa totalidade con diñeiro público que estudan - todos eles- terminoloxía, sociolingüística e literatura sen colaboración entre si ou baixo unha coordinación moi débil?
¿Por que a Real Academia Galega evita ser a institución central na recuperación do galego e, por riba, achega máis confusión ao problema? Lea vostede a devastadora análise da publicación das últimas "Normas" ou a do "Dicionario castelán-galego" que apunta Sarille no seu libro.
Quen viva na realidade non pode máis que concordar co autor en que o futuro é ameazante para o noso idioma e, por iso mesmo, a aseveración de que o galego será unha lingua viva residual a curto prazo é tan desesperanzadora como realista. Sabemos o difícil que é xa non desenvolver a vida cotiá en galego, senón medrar na nosa lingua. Esas cativas e eses pequenos que foxen do galego que lles falan súas nais e seus pais son herdeiros do desleixo e dunha chea de accións normalizadoras que se fixeron e fan ao chou, sen unha visión global.
Felicitemos os mensaxeiros molestos e realistas que, como Sarille, teñen a valentía de dicir o que pensan e deixárnolo escrito.
Fonte: El Ideal Gallego.
Publicada por
de olho
à(s)
21:38
0
comentários
Etiquetas: Institucional, opiniom
[O Xornal] A Xunta e Eroski firman un convenio para promover o uso do galego nos móbiles
Eroski e Vegalsa fomentarán como un dos requerimentos básicos dos seus terminais, nos seus pedidos a fabricantes, que o galego sexa unha opción idiomática dos menús e aplicacións.
Os grupos de distribución alimentaria EROSKI e Vegalsa-Grupo Eroski e a Consellería de Innovación e Industria, da Xunta de Galicia, veñen de subscribir un protocolo de colaboración por medio do cal fomentarán de forma progresiva durante a vixencia do convenio, 31 de decembro de 2008, a presenza do galego no ámbito da telefonía móbil. Asinaron o convenio por parte de EROSKI, a directora da Secretaría Xeral da Presidencia, Leire Barañano Orbe; por Vegalsa, o director xeral, Joaquín González Iglesias; e por parte do departamento de Innovación e Industria, o conselleiro, Fernando Xavier Blanco Álvarez.
Entre os compromisos concretos que adquiren EROSKI e Vegalsa, a través da súa operadora de telefonía, figuran o de fomentar como un dos requerimentos básicos dos terminais, nos seus pedidos a fabricantes, que o galego sexa unha opción idiomática dos menús e aplicacións. Este compromiso farase efectivo nos pedidos do próximo verán e de Nadal e Reis de 2008. Así mesmo, comprométense a realizar, dentro das súas comunicacións, campañas cos seus aboados sobre a disposición de terminais en galego, ofrecendo a posibilidade de renovar e/ou substituír os móbiles que non teñan a opción de galego por terminais que sí a teñan, e adquirir móbiles coa opción de galego. Tamén se comprometen a indicar claramente en calquera soporte publicitario, puntos de distribución e no seu sitio web que as terminais teñan a opción de galego. Vegalsa comprométese en toda a súa rede de supermercados da xeografía galega a facer as recargas de telefonía móbil e a difusión do galego.
Pola súa banda, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación e Industria, facilitará o apoio institucional necesario a calquera iniciativa da operadora que teña como finalidade a promoción da lingua e a cultura galegas. Ademais, facilitará gratuítamente o asesoramento lingüístico á operadora de EROSKI que así o solicite na revisión terminolóxica das traducións ao galego. A Consellería promocionará anualmente, con prioridade durante a campaña de Nadal e de Reis, as novidades que haxa en galego baixo o concepto xenérico “Telefonía móbil en galego”, citando expresamente a operadora de EROSKI.
Dereito dos galegos
A Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística, recoñece os dereitos dos cidadáns galegos en materia lingüística, particularmente o dereito a expresarse en calquera das dúas linguas oficiais. O Decreto 231/2006, do 23 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria, asume, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, entre outras competencias, a de promover actuacións relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información e do coñecemento, fomentando o uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións en todos os ámbitos da sociedade galega.
O Parlamento de Galicia aprobou recentemente o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) presentado pola Consellería de Innovación que inclúe dentro das súas estratexias o uso do galego nas utilidades cotiás da sociedade da información. Ademais, a Mesa do Parlamento de Galicia acordou por unanimidade a admisión a trámite da Proposición non de Lei sobre a adopción de medidas para a incorporación da lingua galega aos teléfonos móbiles.
Fonte: O Xornal.
Publicada por
de olho
à(s)
21:33
0
comentários
Etiquetas: comunicaçom, empresas, Institucional
Valoración xeral da CTNL dos orzamentos da Secretaría Xeral de Política Lingüística para o ano 2008
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) considera os orzamentos para 2008 da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) continuístas con respecto a anos anteriores xa que non supoñen un avance real da política de fomento da lingua doutras lexislaturas.
A subida do orzamento total da SXPL en 2008 con respecto a 2007 está moi por debaixo da subida do orzamento xeral da Xunta. Mentres as contas totais da administración galega medran un 7,3%, as da SXPL fano tan só nun 1,01%, o que indica, en termos relativos, unha tendencia claramente descendente. Isto é, a porcentaxe de cartos destinados ao fomento da lingua por parte da Xunta en 2008 con respecto ao total é inferior que a destinada para ese mesmo fin en 2007.
Aínda a pesar disto, o máis problemático destes orzamentos non é a relativa tendencia descendente, senón a distribución que se fai deles, pois é nos orzamentos onde mellor se reflicten as prioridades, as políticas, o que se quere facer de verdade. Polo tanto, neste caso, é nestas contas onde mellor podemos ver cales van ser as liñas xerais da política de fomento da lingua en 2008.
Destínase a nada desprezábel cantidade de 2.900.000 euros (a mesma que en 2007) para cursos e actividades dunha formación centrada só na competencia e nin sequera aproveitada para traballar na sociedade usos, valores e actitudes sociolingüísticas, ademais doutras partidas máis pequenas e específicas tamén para formación, sen crear para iso ningunha estrutura técnica estábel nin profesionalizada, cando con esa mesma cantidade se podería crear un corpo de docentes ben amplo e estábel dunhas 70 persoas.
O Centro Ramón Piñeiro segue a depender dos orzamentos que, en teoría, deberían ir destinados á promoción do uso e prestixio do galego, cando ese é un centro de investigación en humanidades que non dirixe a súa actividade ao fomento da lingua, polo que o seu orzamento non debería saír do da política lingüística. Nas contas públicas destínanse 465.000 euros para bolsas de investigación e 63.106 euros para estadías no Ramón Piñeiro. Ademais, dedícanse 1.450.000 euros para estudos e traballos de investigación.
Continúa habendo a cantidade de 3.400.000 euros (igual que en 2007) para convenios con medios de comunicación, cuns resultados, até o de agora, totalmente invisíbeis. Estes cartos nin sequera son destinados só aos medios de comunicación en galego, senón que se reparten, en teoría para fomentar o uso da nosa lingua na prensa, entre xornais galegos e estatais nos que a lingua galega ten unha presenza totalmente residual e, nalgúns casos, incluso un tratamento pexorativo.
Destínanse 5.712.374 euros (igual que en 2007) a campañas de normalización lingüística, que deberían ser moito máis rendíbeis do que até agora e que deberían planificarse para acadar resultados concretos no incremento do uso do galego nos sectores e ámbitos nos que se centren. Ademais, deberían facer partícipes destas campañas os servizos de normalización lingüística xa existentes por todo o país, debería contarse cos traballadores e coas traballadoras de normalización para a súa implementación e deberían coordinarse accións para poderen ser desenvolvidas en todo o territorio.
A cantidade destinada para o Consorcio de Planificación Lingüística (CPL) –que debería ser o organismo fundamental de implementación da política lingüística no noso país–, é moi inferior ao doutras partidas de moita menos importancia, repercusión e estabilización para o fomento da lingua. Dedícanse 640.936 euros no capítulo 4 (transferencias correntes) a consorcios de planificación, investigación e dinamización da lingua (polo que para o CPL só será unha parte desa cantidade) e 247.851 euros no capítulo 6 (transferencias de capital)1. Isto é, destínase ao que debería ser o principal organismo estábel de implementación da política lingüística unha cantidade mínima ao lado doutras partidas como, só por poñer algúns exemplos, a estudos e traballos de investigación (1.450.000 euros), actividades de formación (2.900.000 euros), convenios con medios de comunicación (3.400.000 euros), etc., e incluso inferior que a partidas non destinadas á promoción do uso e prestixio da lingua no noso país que, polo tanto, non deberían saír destes orzamentos, como bolsas do Centro Ramón Piñeiro (465.000) ou creación de lectorados en universidade de fóra de Galiza (454.162 para creación de lectorados e centros galegos, 270.000 para bolsas nos lectorados e 145.000 para transferencias a universidades do resto do Estado).
Mentres tanto, para o fomento do uso do galego desde as corporacións locais a cantidade non aumenta nada con respecto a 2007, e mantéñense os 648.030 euros. Esta partida debería ser moito maior e debería servir para potenciar a creación de estruturas estábeis de intervención social para o fomento do uso do galego entre o conxunto da cidadanía desde os concellos. Isto é, para a creación e estabilización de servizos de normalización lingüística territoriais dotados de recursos materiais e humanos e con capacidade de intervención no conxunto da sociedade (mentres non se cree o xa anunciado para 2007 Consorcio de Planificación Lingüística e mentres del non poidan formar parte todos os concellos que libremente queiran adherirse para así ir creando estruturas comarcais de planificación e intervención lingüística que traballen de xeito coordinado).
Por outra banda, as contas públicas seguen sen recoller un reforzamento cualitativo da estrutura da SXPL. En 2005 pasouse acertadamente dunha dirección xeral dependente da Consellería de Educación a unha secretaría xeral dependente da Presidencia, mais a estrutura e o persoal técnico do departamento segue a ser o mesmo, polo que é preciso un reforzamento notorio, con algunha dirección xeral, novas subdireccións, novos servizos e máis persoal técnico para a planificación lingüística.
En definitiva, desde a CTNL consideramos que a cantidade total dos orzamentos para a política lingüística, 23.247.547 euros2, debería ser maior. Aínda así, o principal problema non é a cantidade, senón as accións concretas ás que se destina e a orientación xeral destes orzamentos non centrados nin destinados na súa maior parte ao que debería ser o seu único obxectivo: o incremento do uso e prestixio da lingua galega no noso país.
(1) Nos orzamentos de 2007 incluíase unha cantidade de 200.000 euros para o Consorcio de Planificación Lingüística e outra de 149.301 euros para o Consorcio de Termigal, cantidades que, ao non se constituíren ningún deses dous consorcios en 2007, non se destinaron a ese fin. ^
(2) Os orzamentos completos da Secretaría Xeral de Política Lingüística para 2008 poden consultarse no web da Consellería de Economía e Facenda: www.economiaefacenda.org.
Fonte: CTNL.
Publicada por
de olho
à(s)
12:56
0
comentários
Etiquetas: Institucional
terça-feira, 29 de janeiro de 2008
[A Nosa Terra] Ata logo, Xabarín
A TVG elimina o programa xuvenil da franxa de tarde e só se emitirá polas mañáns
O porco bravo máis coñecido de Galiza deixa aos nenos sen entretemento de tarde, e é que a TVG pasará a emitilo só en horario matinal.
Segundo indicou A Mesa pola Normalización Lingüística e o Colectivo de Pais e Nais polo ensino en Galego, a cadea autonómica reduce o horario do clube a un oco a primeira hora da mañá e aos sábados na mesma franxa.
“Grave retroceso”
Para ambas organizacións a prol do galego, este feito supón un “grave retroceso”, xa que o Xabarín foi “dende os seus comezos”, unha ferramenta privilexiada para a transmisión do galego aos máis novos da casa.
Alicerce dunha xeración
Deste xeito, toda unha xeración ve como o mítico espazo xuvenil que acadara notabel éxito con series de animación, concursos e cancións en galego, queda relegado a un espazo de menor audiencia. Mesmo hai quen fala xa da Xeración Xabarín.
Fonte: A Nosa Terra.
Publicada por
de olho
à(s)
21:23
0
comentários
Etiquetas: comunicaçom, lazer
Proposta parlamentar para que as ajudas aos meios de comunicaçom se vinculem ao uso do galego
O Parlamento debatirá que as subvencións aos medios se vinculen ao emprego estable
O Parlamento de Galicia debaterá proximamente unha proposta para que as axudas da Xunta aos medios estean vinculadas á loita contra a precariedade laboral e ao uso real do galego. O texto da proposta explica que a presentación da mesma é produto da mobilización que organizou recentemente o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) baixo o lema "A miña precariedade é a túa desinformación".
O SXG defende que, no caso de existir, as subvencións aos medios non poden servir para financiar a explotación laboral de moitos traballadores, como sucede na actualidade.
O DOG non se cumpre
A Proposición recolle a denuncia do Sindicato de que na actualidade os cuantiosos cartos públicos que conseguen as empresas serven para financiar "as xornadas laborais abusivas, os contratos en precario, o abuso de persoal en prácticas e o aumento da porcentaxe de falsos autónomos".
O Sindicato alerta que os partidos e a Xunta non poden seguir sendo cómplices desta desfeita; mais cando é evidente que a maioría das empresas están a vulnerar as condicións das ordes de axudas publicadas no DOG pola Xunta nos últimos anos, especialmente no referido a promoción da lingua.
Gracias aos que participaron na protesta
O SXG quere felicitar aos centos de profesionais que participaron na protesta do 5 de novembro. Mesmo pequenos actos como levar unha camiseta co lema "a miña precariedade é a túa desinformación" poden dar algún resultado, o que demostra que a organización sindical e a mobilización é a única vía para reducir a lacra da precariedade.
Dúas propostas
Por último, a organización agradece á deputada nacionalista Modesta Riobó a presentación da "Proposición non de Lei sobre as axudas económicas destinadas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión" . A raíz da súa inciativa os grupos parlamentarios deberán votar sobre estes dous puntos, indica o Boletín Oficial do Parlamento no seu número 460:
"1º) Que se vinculen as axudas económicas do Goberno Galego destinadas aos medios de comunicación á loita contra a precariedade laboral dos seus profesionais, introducindo na convocatoria de axudas cláusulas que penalicen ás empresas con altos índices de precariedade ou concedendo máis puntuación ás empresas demostren ter creado emprego estable no último exercicio.
2º) Que estas axudas económicas estean condicionadas ao uso real da lingua galega nos medios de comunicación, tendo os medios que xustificar un aumento do uso do galego en todas as seccións".
Fonte: Sindicato de Xornalistas de Galicia.
Publicada por
de olho
à(s)
21:12
0
comentários
Etiquetas: Institucional, lazer
[El Correo Gallego] As dúas gorras de Víctor Freixanes
A situación da lingua galega é preocupante porque perde falantes sen control e porque as supostas medidas que toman as institucións para promocionala son case todas unha impostura, un gasto inmenso sen resultados.
Esta análise miña, foi respondida por Freixanes nunha entrevista, dicindo que non se pode ser pesimista e que ese diagnóstico é falso. O académico basea a súa afirmación en que o pesimismo é letal e non fai máis esforzo nin usa máis datos que os da intuición.
Segundo o dicionario de Estraviz (o mellor dos editados en Galiza), o pesimismo é a opinión dos que pensan que todo é malo ou vai mal. Eu son un optimista incorrixíbel, feliz porque o sol aluma, pero non pretendo ocultar a realidade nin maquillar os problemas. Tampouco Al Gore, salvando as distancias, é pesimista por advertir do desastre se continúa o cambio climático; somentes analiza e conclúe; para actuar, se é posíbel.
Por que Freixanes sostén e non emenda ese criterio superficial e considera negativo que se afirme a verdade? Porque usa dúas gorras que son incompatíbeis. Unha é a de empresario, que pon cando loa os éxitos das súas empresas e busca recursos para os labores das institucións que xestiona. E a solicitude é necesaria, claro, e tamén virtuosa cando se dirixen organismos dese tipo, mais ten contrapartidas. A principal é que a capacidade de crítica fica moi reducida. Ao poñer a outra gorra, a de analista, resúltalle imposíbel cuestionar a política do poder sen entrar en contradicción con el. Por iso Freixanes é superficial nos diagnósticos.
Quen afonde minimamente no problema do idioma, observará que o actual goberno da Xunta, e os anteriores, son responsábeis do malgasto de centos de millóns de euros que só serven para facer propaganda e clientelismo cultural. Se alguén quere cambiar as cousas debe comezar por denunciar esta evidencia. Por outra banda, o froito principal das institucións lingüísticas, academias e demais negociados, subvencionados polo poder, é o de soster un traballo confuso e unha inmensa nómina, que necesita dicir que a cousa non vai mal. Porque se o dixesen pararíase a bicicleta.
Fonte: El Corrego Gallego.
Publicada por
de olho
à(s)
18:27
0
comentários
Etiquetas: opiniom
segunda-feira, 28 de janeiro de 2008
Ferrol: O BNG devolve o borrador do Consello de Medio Ambiente por incumprir a Ordenanza de Normalización
COMUNICADO DE PRENSA
O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol procedeu esta mañá a devolverlle ao alcalde da cidade, o socialista Vicente Irisarri, o borrador do Regulamento do Consello Municipal de Medio Ambiente por incumprir a Ordenanza Municipal de Normalización lingüística.
O BNG decidiu adoptar esta actitude diante dos continuos incumprimentos por parte do Goberno Local desta Ordenanza e o relaxamento existente nas diferentes concellarias a hora de velar porque os documentos se redacten en lingua galega, que é a lingua oficial do noso Concello tal e como se aprobou pola unanimidade dos grupos municipais desde o ano 1997.
O BNG advirte ao goberno local que velará polo estricto cumprimento desta ordenanza na acción de goberno e volve a reclamar a imediata convocatoria do Consello Municipal da Língua, xa que feitos como os que están a acontecer no concello demostran que se fai necesario a sua posta en marcha e o desenvolvimento do Plan de Normalización da nosa cidade.
Ferrol a 28 de xaneiro de 2008
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
Fonte: Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
Publicada por
de olho
à(s)
22:02
0
comentários
Etiquetas: Institucional
sábado, 26 de janeiro de 2008
[Vieiros] A Mesa pídelle ao PP que se defina no seu modelo para a lingua
A asociación critica as contradicións que existen no seo do partido e considera que o seu único obxectivo é provocar crispación.
A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle á dirección do PP que defina o modelo lingüístico que defende para o ensino. Para a asociación, o partido "carece dunha postura minimamente clara", pois xa votara anteriormente a prol da galeguización do ensino "no 2001, no Congreso; no 2004, no Parlamento galego polo 50%" e no 2007 defendeu un decreto "que decidiu criticar a última hora, para terminar defendendo a aplicación para Galiza do modelo vasco".
Segundo A Mesa, o PP carece dun modelo estabelecido para a lingua, e dependerá "de quen fale", o que demostran as diferentes posturas dos seus membros, Mariano Rajoy contra o galego como lingua de docencia, Manuela López Besteiro a prol "do modelo vasco" e Núñez Feijoo, a favor do 50%.
A entidade pensa que o partido procura "a crispación nun tema tan importante para a convivencia e a cohesión social", sen ter "un modelo claro para propor e ni tan sequera un compromiso" de que se respecten os acordos. E iso despois de ter votado "en favor de todas as leis", que agora "critica con tanta escandaleira cínica".
Incumprimento da lexislación
Porén, A Mesa asegura que o cumprimento da lexislación lingüística non mudou "de xeito relevante coa actual Consellaría de Educación" e tacha de "calamitosa" a situación actual no galego, maiormente na etapa infantil. "Nin antes o PP nin agora o PSOE fixeron cumprir a lexislación", o que "pon en perigo a cohesión social e o futuro da cultura galega".
Fonte: Vieiros.
Publicada por
de olho
à(s)
11:39
0
comentários
Etiquetas: Institucional

