A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, lembroulle ao presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, que o Decreto do uso do galego no ensino é un 'reflexo' do Plan de Normalización lingüística que el mesmo aprobou.
En declaracións aos medios tras visitar a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, a conselleira afirmou que o decreto "reflexa fielmente" o Plan de Normalización Lingüística aprobado por todos os grupos, incluído o PPdeG, no 2004.
Sánchez Piñón insistiu en que a non é máis que un "reflexo lexislativo" dese Plan, e "non di nin unha palabra máis nin unha palabra menos" do que di a norma que Núñez Feixóo apoiou no seu día co seu voto.
Por outra banda, a conselleira fixo referencia á denuncia feita pola CIG sobre a segregación por sexos nalgúns centros de educación privados que reciben subvención da Xunta. A ese respecto, recordou que o concerto está vixente desde 2005 e que, neste momento, tanto a Delegación como a Inspección de Educación "están avaliando se hai algún incumprimento".
Fonte: A Nosa Terra.
quarta-feira, 15 de outubro de 2008
[ANT] 'O decreto do galego é o reflexo do Plan de Normalización que o PPdeG tamén aprobou'
Publicada por
de olho
à(s)
22:03
0
comentários
Etiquetas: ensino, Institucional
quarta-feira, 1 de outubro de 2008
III Seminario de Dinamización Lingüística de Ferrol
Publicada por
de olho
à(s)
23:13
0
comentários
Etiquetas: actividades, ensino
quinta-feira, 25 de setembro de 2008
[PGL] NÓS-Unidade Popular atribui ao ‘culto ao bilingüismo’ as insuficiências do novo Decreto de promoçom do galego no ensino
No início do segundo ano de aplicaçom do Decreto aprovado, a formaçom soberanista galega fala de “carências” e “renúncias”, que inviabilizam avanços qualitativos para o galego no sistema educativo
NÓS-Unidade Popular, que já em Março de 2007 publicou um estudo crítico do novo texto legal que iria orientar a promoçom do galego no ensino, considera que o tempo decorrido confirma as análises feitas nom apenas polo independentismo, mas também por outras entidades envolvidas na galeguizaçom do sistema educativo, como a Nova Escola Galega.
Entre as “renúncias” que detecta no texto legal, salienta a falta de qualquer programa de imersom ou de modelos progressivos quanto à presença do galego, como os existentes noutros territórios com duas línguas em conflito no Estado espanhol. Umha terceira circunstáncia, derivada das anteriores, é, afirma NÓS-UP, a renúncia a “dar ao galego estatuto de língua veicular principal”.
NÓS-UP fala também da inexistência de um “roteiro com medidas concretas”, o que explicaria que nom se tenha produzido a “avaliaçom anual do desenvolvimento do Decreto”, junto às mesmas carências existentes no anterior decreto em matéria de inspecçom, o que provoca “que os incumprimentos e inércias espanholizadoras continuem a funcionar nos centros de ensino galegos”.
No seu comunicado, a organizaçom independentista sintetiza no que denomina ‘culto ao bilingüismo’ por parte do actual governo da Junta as carências na aplicaçom de um decreto que plasma uns princípios assentes no Plano Geral de Normalizaçom da Língua Galega, assinado polas três forças parlamentares em 2004.
Além de reclamar a “inclusom do português e da cultura lusófona como apoio para a normalizaçom do galego”, o comunicado conclui reafirmando a necessidade de “um novo quadro legal que rompa com o falaz ‘bilingüismo equilibrado’ e reconheça, com todas as conseqüências, o galego como primeira língua da Galiza”.
Fonte: Portal Galego da Língua.
Publicada por
de olho
à(s)
23:33
0
comentários
Etiquetas: ensino
quarta-feira, 2 de julho de 2008
[ABC] Galicia Bilingüe suma ya más de 700 casos de discriminación lingüística
VIGO. Además de las 70.000 firmas recogidas en papel en la Comunidad Autónoma gallega y del millar de socios y colaboradores con los que cuenta Galicia Bilingüe, más de setecientos ciudadanos se han dirigido a la asociación a lo largo de los últimos doce meses, a través de su página web y el correo electrónico, para denunciar otros tantos casos de discriminación lingüística y solicitar asesoramiento para enfrentarse a la política impositiva de la Administración gallega en este terreno.
Erradicar el castellano
Si bien la mayor parte de las denuncias, alrededor de la mitad, se refieren al Decreto que regula el uso del gallego en la enseñanza y otro treinta por ciento se ciñen al trato de la Xunta de Galicia a los administrados, la casuística es enormemente variada y permite deducir no sólo que el castellano ha sido prácticamente erradicado de la mayor parte de los organismos públicos, sino que la imposición cae a menudo en situaciones absurdas y que incluso rayan el ridículo.
Muchos padres narran las dificultades con que se encuentran sus hijos al no poder estudiar en su lengua materna, la negativa de los profesores a permitirles cualquier uso del idioma castellano, el rechazo que provoca en la dirección de muchos centros educativos cualquier solicitud de los progenitores para ser informados en español o las escasas garantías que evidencia el limitado dominio del castellano culto por parte de los alumnos si necesitan trasladarse a cualquier otra parte del Estado, fuera de Galicia, a continuar con sus estudios.
Las quejas por la desaparición del español se reproducen en numerosos organismos públicos al margen de la Administración educativa, instituciones en las que toda la documentación oficial está únicamente en gallego y cuyos trabajadores aducen que éste es su único idioma de referencia, sin tener ninguna obligación de usar el castellano aunque así lo demande el ciudadano.
Los centenares de personas que se han dirigido a Galicia Bilingüe para demandar orientación sobre cómo enfrentarse a los problemas derivados de la imposición y la discriminación lingüística, señalan también a esta asociación como el único canal que han encontrado para expresar su frustración, pues en la Administración sólo hallan vías de protesta para los casos de dificultades para el uso del gallego, nunca del español.
Deberes corregidos: Hay numerosos padres o madres que protestan ya no porque los alumnos tengan los libros o reciban sus clases en gallego, sino porque sus deberes son continuamente tachados por estar en español o sus notas sufren notables rebajas por utilizar este idioma. El hecho contrasta con el caso de dos hermanas denunciado por un profesor. Ambas son gallegohablantes y, tras la correspondiente consulta, a este docente se le dejó que permitiera a las dos jóvenes expresarse en su lengua aunque la asignatura se impartía en castellano.
Estudiante colombiano: Una pareja inmigrante, de Colombia, cuenta cómo se desplazó a Galicia buscando, entre otras cosas, una mejor educación para su hijo, un joven con notable capacidad de aprendizaje, especialmente en materias como matemáticas y ciencias. Profesores y alumnos relegan al muchacho a un tercer plano por su condición de castellanohablante.
Consejo de Cultura Gallega: Según una denuncia escrita, este organismo despachó a uno de sus empleados con un ilustrativo «usted no tiene derechos lingüísticos» cuándo éste demandó el texto de una encuesta en castellano.
Hacienda: Un gallego que lleva dos décadas residiendo en Madrid necesitó presentar la documentación para el impuesto de sucesiones al morir su padre. Vio con sorpresa que no existían impresos en castellano.
Fonte: ABC.
Publicada por
de olho
à(s)
20:29
0
comentários
Etiquetas: ensino
[La Región] O galego na Universidade

Santiago Lago
A idea de incentivar o uso do galego na Universidade da Coruña (UDC) está a xerar polémica de magnitude crecente. Non son poucos os profesores da UDC que non consideran axeitado reducir a carga docente daqueles profesores que impartan docencia en galego ou inglés.
E esta discusión ven engadirse a moitas outras sobre dereitos e deberes lingüísticos que están a xurdir nos últimos meses. Teño para min que os galegos cecais deberamos reflexionar máis polo miúdo sobre estes asuntos, tendo en conta moitas cuestións. Referíndome á universidade, paréceme claro que galego e inglés non son o mesmo. A primeira é lingua propia, en principio ben dominada polos estudantes galegos que chegan á universidade, e que poden practicar a cotío dende que se erguen ata que se deitan. A segunda e lingua allea e, en xeral, mal dominada polos estudantes. No primeiro caso, o uso do galego ou castelán debe quedar a escolla de profesores e estudantes. Cada un que fale o que lle pete.
A dúbida neste caso é qué facemos cos estudantes de intercambio que a duras penas si entenden o castelán. E a cousa pode agravarse a medida que se aumente a mobilidade de estudantes. Probablemente si haxa que pensar nese caso en solucións que deixen contentos a todos, con asignaturas impartidas en varias linguas. Dito o anterior, é verdade que, en conxunto, somos minoría os profesores que empregamos o galego coma lingua principal na nosa actividade docente. Sen dúbida, os incentivos que propón a UDC buscan dende a boa fe un maior equilibrio entre o uso das linguas no ensino post-obrigatorio. O que non teño claro é que sexan compatibles cunha óptica liberal sobre os dereitos lingüísticos. Igual si. Gustaríame escoitar aos expertos.
Do que si non teño dúbidas é de que hai que incentivar o ensino en inglés na universidade. E aí si que debemos premiar aos profesores que ensinen nesa lingua. Sempre, claro está, que os alumnos compartan o proxecto. A última vez que preguntei a un grupo duns cincuenta alumnos sobre se preferían a docencia en galego, castelán ou inglés, más de vinte dixeron que o galego, máis de vinte o castelán. Só un o inglés.
Publicada por
de olho
à(s)
01:54
0
comentários
sexta-feira, 7 de março de 2008
"Libertad y determinismo": a Universidade da Corunha e o Governo municipal de Ferrol promovem Jornadas universitárias em espanhol
Será que as nossas autoridades ainda consideram o galego 'inválido' para a comunicaçom de ideias científicas? Isso parece, se virmos as jornadas apresentadas ontem no Cámpus ferrolano polo reitor da UDC, José María Barja, e o presidente da Cámara de Ferrol, Vicente Irisarri. Ambos inaugurárom em espanhol umhas jornadas cujo programa se desenvolve integralmente em espanhol.
Tanto a Universidade da Corunha como a Cámara Municipal de Ferrol tenhem textos legais que manifestam a obrigatoriedade de dar ao galego um papel protagónico na comunicaçom de ambas instituiçons com a sociedade. Porém, mais umha vez, os seus máximos representantes teimam em convencer-nos de que todo isso nom vale para nada, e que eles som os primeiros a incumprir normas aprovadas inclusive unanimemente, respectivamente, polo claustro universitário e polo pleno municipal.
Programa, publicidade, comunicaçons... todo nestas Jornadas, que decorrem entre ontem e hoje em Ferrol, indica a nula vontade real de fazer avançar o nosso idioma por parte de boa parte dos responsáveis políticos que padecemos em Ferrol e, em geral, na Galiza.
Publicada por
de olho
à(s)
00:16
0
comentários
Etiquetas: ensino, Institucional
segunda-feira, 11 de fevereiro de 2008
[O Xornal] Liberdade ou dictadura lingüística?
Beatriz Guiance
Unha ducia (o dos números éche sempre un misterio mais policías había moitos, diría eu que en demasía) de axentes da Policía Nacional (polo momento acho que era a estatal, que é a que adoita encargarse deste tipo de represións para os que os teñen ben treinados) tivo (tivo?) que empregar as porras na Coruña para conseguir separar manifestantes (seica estaban pegados?) que apostaban por potenciar a lingua galega e que "se apareceron" nunha concentración convocada por un colectivo que demanda "liberdade lingüística", o que provocou altercados e enfrontamentos. Onde? Sería da policía na contra da xente e os defensores da "liberdade" a aplaudir.
A 'Mesa pola Liberdade Lingüística' convocara unha manifestación na Coruña á que asistiron en apoio da súa causa perto de 50 persoas (traducidas noutros medios nunhas irreais 200, pola graza dalgunha axencia de noticias e a boa intención de todos), mais unha contra manifestación reuniu a outro centenar de persoas (segundo os mentados medios e axencia, que se traducen nunha visión real e imparcial nunhas 150 persoas) no mesmo lugar en demanda de "primar" (deixémolo en defender) a lingua galega baixo o lema 'Na Galiza en Galego'. (Que traducen por un meridiano "en Galicia en Gallego")
A partir de aquí as falsidades ou inexactitudes dispáranse:
Se non houbo enfrontamento, a quen era preciso separar?
Se non hai violencia por que a ten que exercer quen di protexer aos cidadáns?
"Entre asubíos e insultos entre uns e outros manifestantes, os axentes da Policía Nacional tiveron que cargar para conseguir establecer un cordón que mantivese separados aos manifestantes dunha e outra tendencia". (Mais sempre apalean á mesma).
Cantan axencia e medios papagaio que apenas cortan e pegan sen pegar pancada nen constatar o que poñen ou, o que é peor, que toman partido pola parcial inexactitude. Sempre é mellor un vadío que un mentireiro.
Mentres se producía a carga, as persoas que secundaron a manifestación baixo o lema "Pola liberdade lingüística. Non á imposición" aplaudían entre berros de "democracia". Democracias como das que gosta esta xente dan medo.
A manifestación da 'Mesa pola Liberdade Lingüística', que estaba autorizada pola Delegación (ou subdelegación, que para o caso é o mesmo) do Goberno, convocouna este colectivo (parece que vencellado á extrema deireita ligada ao PP, segundo fontes) que asegura que as autoridades públicas están a "impoñer o galego" sobre o castelán". "Invitamos ferventemente a todos os cidadáns hastiados da linguocracia obsesiva, iniciada hai moito tempo, pero exacerbada recentemente ata a prohibición do español nas aulas", rezaba este colectivo na convocatoria que realizou a través do seu web.
A organización deste acto orixinou que se convocase unha contra manifestación no mesmo lugar, o Obelisco da Coruña, para "defender o galego" e mostrar o rexeitamento "aos españolistas da Mesa pola liberdade lingüística, aos que acusan de menosprezar a lingua galega".
Maticemos logo, fronte a concentración antigalega fóronse xuntando persoas de sectores populares diversos, autoconvocadas polo móbil e em foros da Internet de maneira espontánea. Levaban unha pancarta máis que elocuente: 'Na Galiza em Galego'. Xente que pasaba pola rúa íase unindo.
Resistiron os golpes da policía e seguiron unidos.
Se foi unha contra manifestación non autorizada non se sabe, o que está claro é que a outra manifestación non foi máis do que un fracaso que xa leva liñas de "gloria" demais nos medios.
Fonte: O Xornal.
Publicada por
de olho
à(s)
09:46
2
comentários
sábado, 9 de fevereiro de 2008
[A Nosa Terra] Galego no ensino, de vagariño

A discreción acompaña a aplicación do decreto do galego no primeiro trimestre escolar
“Hoy vamos a ver El caballito de boj, de Neira Vilas”. Esta frase podería pertencer a unha profesora de Lingua e Literatura Galega que emprega o castelán como lingua vehicular nas clases de secundaria que imparte. Casos coma este despréndense do informe que está a elaborar a Mesa pola Normalización Lingüística no tocante á aplicación do decreto que regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Ao caso anterior, poderiamos engadirlle o dos centros de secundaria nos que só se imparte en galego a materia de Lingua e Literatura Galega, o dunha profesora de Historia que a medida que avanza a clase traduce o libro ao castelán ou o do Conservatorio de Lugo, onde a porcentaxe de libros e clases en galego é nula.
Antón Louro, voceiro da comisión de Cultura do PSdeG-PSOE, recoñece que a política lingüística "é complexa e vive na contradición, por iso temos que levala cara a adiante sendo respectuosos e persistentes". Louro sinala tres puntos polos que debe rexerse o decreto, "o consenso, a capacidade para ir aplicándoo de xeito progresivo sen crear problemas e o obxectivo de competencia lingüística". Malia os datos recollidos por un informe da Mesa pola Normalización Lingüística, o voceiro da comisión de Cultura do PSdeG considera que "non podemos botarnos en cara as dificultades, ten que haber unha gran complicidade para o seu cumprimento".
Pola súa banda, o deputado nacionalista Bieito Lobeira apunta que malia que o decreto está en marcha dende o punto de vista xurídico, "non vai acompañado dunha práctica real". Lobeira recoñece que "falta material didáctico en galego" e subliña "o descoñecemento tanto do decreto como do idioma dun sector da comunidade educativa". O deputado nacionalista advirte que dende que se aprobou o decreto, "o BNG botou en falta campañas previas informativas".
O PPdeG non entra a valorar as conclusións da Mesa "até que non haxa unha resposta oficial porque non sabemos con certeza en que nivel nos atopamos". Non obstante, a voceira en materia de educación do PPdeG, Manuela López Besteiro, afirma que "as leis están para cumprirse". Besteiro quixo lembrar que o seu partido "defende o equilibrio e a proporcionalidade entre o castelán e o galego".
Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, sinala que "é necesario que se deseñe un plan que abranga todo o profesorado para que coñezan e adquiran aptitudes, algo que non se está a facer". Louzao subliña a falta de material didáctico en galego na Formación Profesional. A CIG-Ensino considera que a "desidia e pasividade da Administración imposibilitan aproveitar as potencialidades e posibilidades do decreto". "A actitude de deixar facer e deixar pasar de Educación tradúcese nunha non aplicación do decreto". Para a CIG-Ensino, sería necesario que se crease unha dirección ou subdirección xeral en Educación, "tenden a deixalo nas mans de inspección".
Fonte: A Nosa Terra.
Publicada por
de olho
à(s)
15:54
0
comentários
Etiquetas: ensino, Institucional
Carga policial contra 150 corunheses e corunhesas que contestárom concentraçom de 50 ultras pró-espanhol
Para as 20 horas de hoje estava convocada umha concentraçom da autodenominada "Mesa por la libertad lingüística", organizaçom da extrema-direita ligada ao PP que pretende evitar qualquer avanço do galego no ensino oficial.
Para as 20 horas de hoje estava convocada umha concentraçom da autodenominada "Mesa por la libertad lingüística", organizaçom da extrema-direita ligada ao PP que pretende evitar qualquer avanço do galego no ensino oficial. A resposta espontánea do povo corunhês foi clara: os 50 ultras pró-espanhol tivérom em frente o triplo de manifestantes em defesa do nosso idioma, que fôrom, como é costumeiro, violentamente espancados pola polícia espanhola.
A concentraçom facha estava convocada no Obelisco da Corunha, e a ela assistírom conhecidos membros de Nuevas Generaciones, elementos da burguesia corunhesa e alguns militantes conhecidos de grupos fascistas da cidade. A média de idade era bastante elevada. Os inimigos do galego seguravam umha faixa com a legenda "contra la imposición lingüística", junto a um grande laço com as cores da bandeira monárquica espanhola.
Desde o primeiro momento, em frente da concentraçom antigalega fôrom-se juntando pessoas de sectores populares diversos, autoconvocadas por telemóvel e em foros da Internet de maneira espontánea, incluindo a esquerda independentista, sindicalistas, estudantes, membros dos centros sociais corunheses, etc. Foi despregada umha faixa com umha legenda simples e eloqüente: 'Na Galiza em Galego'.
Mais umha vez, violência policial
As corunhesas e corunheses defensoras do nosso idioma coreárom cánticos como "A imposiçom é do espanhol" e "Espanhol quem nom pular". Aos 10 minutos, e sem mediar qualquer incidente, o cordom policial interposto iniciou umha violenta carga com cacetes contra a concentraçom pró-galego, enquanto a "gente guapa" concentrada em frente aplaudia, ria e berrava "libertad!"
No mínimo, meia dúzia de pessoas ficárom com fortes contussons resultado da contundência da actuaçom policial, que mais umha vez esclareceu de que lado é que está a suja legalidade espanhola que a Galiza padece.
Se o objectivo era dispersar as pessoas que 'estragavam a foto' dos renegados, nom foi conseguido. As pessoas atacadas agüentárom a posiçom, reagrupárom-se, desfraldárom novamente a faixa e continuárom a cantar, acompanhadas por música de gaitas e percussom tradicional, e com pessoas a dançar perante a polícia espanhola.
Algumhas pessoas que passeavam polo lugar aderírom à concentraçom galega, que só concluiu umha hora depois, quando os pró-espanhol decidírom ir embora.
Os meios do sistema, no seu papel: mentiras a dar c'um pau
Quem esperar imparcialidade dos media do sistema, é ingénuo ou ingénua de mais. As primeiras informaçons publicadas polo El Correo Gallego dá umha versom inventada que fala de 200 manifestantes "por la libertad lingüística" e de "otro centenar" em defesa do galego.
O jornal reaccionário justifica a violência policial "que mantuviese separados a los manifestantes de una y otra tendencia" (sic), falsidade mais do que evidente.
Em definitivo, a jornada de hoje serviu para devolver à rua algumha tensom normalizadora real, fazendo frente aos que querem liquidar de vez a nossa comunidade lingüística. Até quando teremos que aturar que a extrema-direita espanhola se manifeste nas nossas ruas reclamando que o nosso idioma continue caladinho, condenado à morte doce em braços do espanhol?
Os corunheses e corunhesas que se concentrárom em defesa da língua e resistírom à violência policial merecem hoje os nossos mais entusiastas parabéns.
Fonte: Primeira Linha.
Publicada por
de olho
à(s)
11:27
0
comentários
sexta-feira, 8 de fevereiro de 2008
[El Ideal Gallego] Impostura alarmista
Luís Álvarez Pousa
Hai quen se empeña en deslexitimar a lingua galega facendo dela o principal estigma da pobreza intelectual e da miseria social.
Van contra tódolos indicadores científicos, que refrendan a capacidade comunicativa e a riqueza multicultural daqueles que conviven no multilingüismo, sen por iso renunciaren á lingua social e politicamente máis desfavorecida. Hai quen, pese a que coñecen eses indicadores, e saben da lei pendular que sempre fai que a lingua de poder -a que un Estado obriga a coñecer, e ten por iso tódalas de gañar- domine ás que só o tocan tanxencialmente ou por delegación, como sucede co galego respecto do castelán, invirten a carga da proba e, nunha arroutada embustera, forzan un discurso vitimista que calquera persoa ben intencionada é quen de desenmascarar.
Tal é o caso da Mesa por la Libertad Lingüística que, facendo un casus belli do decreto que avala nos centros educativos o dereito constitucional que todo cidadán ten de coñecer as dúas linguas oficiais, non se privan os seus líderes de terxiversar a realidade para xustificalo. Teña ou non sentimentos encontrados respecto da normativa que busca reducir as kilométricas distancias que median entre o estatus do galego e o do castelán, calquera coruñés que observe a manifestación que, ao berro de "por la libertad lingüística, no a la imposición", terá mañá como escenario a cidade herculina, percatarase da impostura destes apóstolos do alarmismo lingüístico. Porque esa reivindicación nada ten que ver coa realidade que el experimenta a diario na rúa, nos diarios, nas televisións e nas radios, nos cines, nas facultades e colexios, nas garderías e nos patios de recreo, nas cafeterías e nos despachos das administracións, nos comercios, no fútbol e nas relacións familiares. Por outra parte, o TSXG ten avalado a legalidade do decreto, que se limita a garantir o bilingüismo escolar -o 50 por cento das materias en cada lingua, tendo en conta nos usos comunicacionais aquela das dúas que predomine entre o alumnado-.
Resulta chocante, por insolidario e porque demostra unha moi escasa sensibilidade democrática, que se pretenda demostrar con pancartas o que tódolos estudos desminten: que o castelán está en perigo porque tamén o está o dereito que ten cada cidadán a escoller a lingua que lle pete para comunicarse en sociedade. Manter esa argumentación estando como están documentados sobre o desasosegante retroceso nos usos sociais do galego, e especialmente entre os máis mozos, é demagóxico e fraudulento.
Fonte: El Correo Gallego.
Publicada por
de olho
à(s)
15:51
0
comentários
quarta-feira, 6 de fevereiro de 2008
A Mesa reclama que se poidan cursar estudos de Lingua Galega en todas as Escolas Oficiais de Idiomas da Galiza
A oferta de estudos de Lingua Galega limítase nestes momentos ás EOI das sete cidades galegas
A asociación responde así á proposta electoral do PSOE de Andalucía de que se poida estudar galego nas Escolas de Idiomas desa Comunidade Autónoma
A Mesa pola Normalización Lingüística reclamou ao PSOE, e nomeadamente ao PSdG, que desde as institucións que gobernan “dean verdadeiras garantías de estudo do galego” nas Escolas Oficiais de Idiomas da Galiza, “territorio do que é idioma propio segundo a lexislación vixente”, antes de proporen a posibilidade do seu estudo, xunto co éuscaro e co catalán, nas EOI da Comunidade Autónoma de Andalucía, como a forza política á que pertencen Emilio Pérez Touriño e Manuel Chaves propón no seu programa electoral para as eleccións ao Parlamento andaluz do próximo 9 de marzo.
A Mesa recordou que nestes momentos “só é posíbel cursar estudos oficiais de Galego nas Escolas Oficiais de Idiomas das sete cidades galegas”, mais pola contra “non existe tal posibilidade” nas EOI de Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Viveiro e Ribadeo. “Garantir que o estudo do galego sexa posíbel, antes de máis, no propio territorio onde se fala debería constituír para o PSOE unha das súas prioridades políticas”, sinalou a entidade cidadá en defensa do idioma, e “unha vez neses mínimos, o estudo da lingua galega pode estenderse a onde se quixer”.
Fonte: A Mesa.
Publicada por
de olho
à(s)
15:58
0
comentários
Etiquetas: ensino
segunda-feira, 4 de fevereiro de 2008
[Vieiros] A cota de plurilingüismo no programa de Rajoy só ten espazo para castelán e inglés
O presidente do PP di que "é ilóxico" que un andaluz poida aprender galego ou catalán.
Segundo o líder do PP, o Estado español é "o único do mundo onde os pais non poden elixir o modelo de educación que queren para os seus fillos". Ese poder de elección ao que aspiraría Mariano Rajoy para os proxenitores incluiría a posibilidade de evitar que estudasen galego, catalán ou éuscaro. "En moitos casos os nenos estudan nun idioma no que ao mellor non queren estudar", afirmou Rajoy este luns durante unha intervención na localidade gaditana de Algeciras.
Rajoy pronunciouse deste xeito despois de comentar a proposta que o PSOE andaluz incluirá no seu programa para as eleccións autonómicas do próximo 9 de marzo, na mesma data que as eleccións xerais, e cualificou de "ilóxico" que nas escolas de idiomas de Andalucía un estudante poida optar por galego, catalán ou éuscaro. En contraposición, avogou por reforzar a presenza do "inglés e as novas tecnoloxías a partir dos tres anos". "O castelán é a segunda lingua do mundo", insistiu o presidente do PP.
Fonte: Vieiros.
Publicada por
de olho
à(s)
18:00
0
comentários
Etiquetas: ensino, Institucional
sábado, 2 de fevereiro de 2008
"Galicia Bilingüe"? em Ferrol nom vos queremos nem ver
Um colectivo defensor da imposiçom do espanhol no nosso país, que para maior sarcasmo se chama "Galicia Bilingüe", anunciou um tour pola Galiza com um autocarro de promoçom das suas propostas antigalegas, defensoras da morte lenta e mansa do galego. As mesmas ideias que até hoje tenhem defendido os principais partidos espanhóis (PP e PSOE) nas instituiçons existentes no nosso país.
O fruto desse monumental engano chamado "bilingüismo harmónico" é hoje a situaçom alarmante da nossa comunidade lingüística, o risco de desapariçom do galego como língua real e a sua reduçom a dialeco do espanhol sem uso social significativo. É isso o que defende essa associaçom renegada que quer trazer a Ferrol o autocarro da infámia, o autocarro contra qualquer possibilidade de construirmos umha Galiza como sempre foi e como tem que ser: umha Galiza em galego.
Por isso, a Fundaçom Artábria quer fazer pública a sua repulsa à presença no nosso concelho do infame autocarro dessa associaçom que constitui umha vergonha para todos os galegos e galegas com consciência do que somos e com orgulho de termos um idioma com mais de um mílenio de existência, que consideramos a nossa única língua nacional: o galego.
Galicia bilingüe: nom vos queremos nem ver.
Fundaçom Artábria,
Ferrol, 2 de Fevereiro de 2008
Fonte: Fundaçom Artábria.
Publicada por
de olho
à(s)
18:22
0
comentários
Etiquetas: ensino
quinta-feira, 31 de janeiro de 2008
[Terra] Un informe encargado por la CE recomienda aprender una tercera lengua como la materna
Los europeos deberán aprender en profundidad un tercer idioma además del materno y de los habituales para la comunicación internacional (inglés, francés o español), según recomienda un informe encargado por la Comisión Europea a un grupo de intelectuales con el fin de fomentar el multilingüismo.
Dirigido por el periodista y escritor libanés francófono Amin Maalouf, el trabajo presentado hoy 'Un reto provechoso. Cómo la multiplicidad de lenguas podría contribuir a la consolidación de Europa' servirá de base para la reflexión de las autoridades comunitarias y nacionales en futuras iniciativas legislativas.
La idea central del informe es que la Unión Europea y sus estados miembros preconicen en sus sistemas educativos una 'lengua personal adoptiva', explicó hoy Maalouf en rueda de prensa junto al comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban.
Según este concepto, se animaría a todos y cada uno de los ciudadanos europeos a elegir libremente una lengua distintiva, diferente tanto de su lengua identitaria como de la lengua internacional de comunicación.
'Tal como nosotros la concebimos, la lengua personal adoptiva no sería una segunda lengua extranjera, sino más bien una segunda lengua materna', dijo Maaluf, que destacó las ventajas de este esquema para la integración de los inmigrantes.
Aprendida en profundidad, hablada y escrita con frecuencia, se acoplaría al trayecto escolar y universitario de todo ciudadano europeo, así como en el currículo profesional de cada uno.
Su aprendizaje iría acompañado de una familiarización con los países en los que se hable esta lengua, con la literatura, la cultura, la sociedad y la historia vinculadas a esta lengua y a sus hablantes.
El informe recomienda también que las relaciones bilaterales entre los pueblos de la Unión Europea tengan lugar en las lenguas de los implicados, y no en una tercera como el inglés.
A juicio del grupo de once expertos, entre ellos el español Jorge Semprún, ninguna lengua estaría condenada a desaparecer ni a quedar reducida a la condición de dialecto local, con lo que sus hablantes, aunque fueran poco numerosos, 'no tendrían que sentirse nunca más despreciados, excluidos ni aislados'.
Preguntado por el encaje particular de los idiomas gallego, vasco y catalán en estas propuestas, Amin Maalouf respondió que 'cada país tiene situaciones específicas' y reiteró las ideas ya expuestas.
'Preservar todas las lenguas de nuestro patrimonio, incluidas lenguas ancestrales europeas como el latín o el griego antiguo, y favorecer su expansión en el resto del continente, incluso en el caso de las lenguas minoritarias, son aspectos intrínsecos de la idea de una Europa de paz, cultura, universalidad y prosperidad', concluye el informe.
Estas iniciativas serán debatidas por primera vez con responsables políticos nacionales en la próxima conferencia interministerial sobre multilingüismo del 15 de febrero en Bruselas, y tendrán una concreción legal el próximo mes de septiembre.
Fonte: Terra.
Publicada por
de olho
à(s)
21:52
0
comentários
Etiquetas: ensino, Institucional
quinta-feira, 24 de janeiro de 2008
[La Voz de Galicia] La UDC propone que se impartan un tercio de las clases en gallego
«Este tamén é territorio galego: nas aulas fala o teu idioma» es el lema con el que la Universidade da Coruña (UDC) quiere potenciar el uso de la lengua de la comunidad en las dependencias educativas.
Esta iniciativa se incluye en el Plano de Normalización Lingüística que se puso en marcha el año pasado con el objetivo de incrementar la utilización del gallego en todos los ámbitos universitarios.
El rector, José María Barja, afirmó ayer que «partimos dunha situación cun escaso emprego do galego na docencia, xa que só se imparte en galego o 10% das clases.
En este sentido, Xosé Ramón Freixeiro, director del Servizo de Normalización Lingüística de la UDC, anunció que el objetivo de esta campaña sería conseguir que el 33% de los docentes emplearan la lengua gallega en clase. Según explicó, la campaña consistirá en la pegada de carteles y la distribución de pegatinas en todos los centros invitando a utilizar esta lengua.
También se colocarán en las entradas de las aulas unos pósteres en los que se ve una alambrada, y en los que se puede leer el lema « Traspasa esta fronteira. Nas aulas tamén en galego» . En este sentido, Freixeiro señaló que se ha comprobado «que nas aulas se utiliza menos o galego que fora delas. Parece que existe unha fronteira na porta e iso é o que se pretende romper».
El director del Servizo de Normalización Lingüística también aportó algunos datos «que demostran que o galego está nunha situación de inferioridade moi grande». Así, destacó que la comprensión de la lengua gallega por parte de los miembros de la comunidad universitaria llega al 95%; mientras que a la hora de hablarlo son los alumnos -con un 80%- los que más saben emplearla, seguidos del personal de administración y servicios (70%), y los profesores (60%).
Fonte: La Voz de Galicia.
Publicada por
de olho
à(s)
18:24
0
comentários
Etiquetas: ensino
quarta-feira, 23 de janeiro de 2008
[Xornal] Os centros de ensino privados poden pedir axudas para potenciar o galego
A Secretaría Xeral de Política Lingüística destina 81.000 euros a financiar as iniciativas dos equipos de normalización e dinamización lingüística destes centros de ensino regrado non universitario
I Santiago.- Os equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino privados de Galicia que imparten ensinanzas regradas non universitarias poden optar desde hoxe ás axudas que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística para financiar proxectos de fomento de uso do galego. A resolución, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, aféctalles aos proxectos incluídos na programación anual de actividades aprobadas polos centros, e establece que os criterios de cualificación dos mesmos serán a súa calidade e o número de estudantes do centro.
A calidade do proxecto terá un peso do 80 por cento e será puntuada de 0 a 24 puntos, en función da implicación activa dos membros da comunidade no proxecto, a orixinalidade nas propostas para incidir nos usos reais, orais e escritos, a potenciación das competencias activas sobre as pasivas, a utilización de novas tecnoloxías, a colaboración con outras entidades e con outros centros educativos, a realización de actividades plurianuais e a diversificación destas ao longo do curso.
O número de estudantes terá un peso do 20 por cento, e a cada centro concederáselle un máximo de 6 puntos.
O importe das axudas ascende a 81.250 euros, e a contía máxima que se lle poderá conceder a cada proxecto será de 2.500 euros.
Compartir experiencias e recursos
A convocatoria destas subvencións forma parte dos obxectivos da Secretaría Xeral de Política Lingüística para apoiar o traballo dos equipos de normalización e dinamización lingüística. Coa pretensión, ademais, de dar a coñecer o seu labor e de facer partícipes, a todos os membros da comunidade educativa, das experiencias máis innovadoras, que poidan servir como ferramentas útiles para outros centros, Política Lingüística ten á disposición de todos os interesados, na súa páxina web, os proxectos que recibiron os Premios á Innovación en Normalización e Dinamización Lingüística.
Estes premios, dotados con 2.000 euros cada un deles, recaeron, na pasada edición, nos proxectos desenvolvidos polos institutos de ensino secundario Félix Muriel, de Rianxo, Porta da Auga, de Ribadeo, Frei Martín Sarmiento, de Pontevedra, Perdouro, de Burela, Gonzalo Torrente Ballester, de Pontevedra, Laura Olmo, do Barco de Valdeorras e Chapela, de Redondela. Ademais, resultaron tamén premiados os proxectos da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, o centro de educación infantil e primaria Isidora Riestra, de Pontevedra, e o colexio rural agrupado Nosa Señora do Faro, de Ponteceso.
Fonte: Xornal.
Publicada por
de olho
à(s)
18:45
0
comentários
Etiquetas: ensino, Institucional
[Vieiros] "Bilingüismo harmónico"? Mestres de galego ensinan en español
Em Vieiros publicárom hoje umha informaçom fornecida pola Mesa sobre o incumprimento da legislaçom eductiva em relaçom ao uso docente do galego, pondo vários exemplos concretos. Também na nossa comarca temos constáncia de flagrantes incumprimentos, além da baixíssima formaçom geral do professorado em língua galega. Eis a notícia de Vieiros:
A Mesa advirte que o decreto de galeguización no ensino fica lonxe de cumprirse. Ao respecto, achegan algúns dos exemplos "máis graves".
No Conservatorio de Música de Lugo o galego é inexistente na docencia. Así o critican desde a Mesa pola Normalización Lingüística. "Un pai protestou e a inspección lavouse as mans", láiase Carlos Callón, presidente da Mesa. É un dos exemplos máis extremos, segundo denuncia o colectivo, de centros onde habería constancia do incumprimento do decreto de galeguización do ensino.
A Mesa está elaborando un informe ao respecto destes incumprimentos, analizando a situación en centros educativos de todo o país. O resultado final non será presentado até final de curso, pero durante a recollida de datos xa abrollaron escenarios decepcionantes. Alén do caso lugués antes mencionado, Callón cita o doutro centro público onde a materia de Lingua Galega está sendo impartida en castelán por un dos docentes. A investigación recolle tamén tres casos de escolas públicas onde alén da materia específica de Galego todas as demais son ensinadas en castelán. A galería de exemplos máis graves inclúe tamén o dunha profesora de historia que lle dita en castelán aos alumnos os textos do libro de aula, orixinalmente en galego.
Estes e outros casos son algúns dos exemplos que a Mesa pola Normalización Lingüística lle vai achegar proximamente á Consellaría de Educación. O colectivo recorda que o mínimo do 50% de clases en galego que a normativa estabelece como mínimo está lonxe de cumprirse e sinala os altos niveis de incumprimento que están sendo detectados.
En Infantil: demanda desatendida
A Mesa sinala tamén a decepción fronte ao fornecemento de aulas en galego para os máis cativos. O presidente do colectivo, Carlos Callón, lembra que o proxecto piloto posto en marcha pola consellaría para estabelecer unha oferta de centros de ensino en galego para a etapa de infantil quedou en "case nada". Din desde a Mesa que malia a demanda existente en varios lugares, onde o número de pais e nais que solicitaron aulas en galego para os seus fillos superou amplamente a oferta realizada pola consellaría, de momento non se atendeu aos requirimentos.
Fonte: Vieiros.
Publicada por
de olho
à(s)
18:21
0
comentários
Etiquetas: ensino
segunda-feira, 21 de janeiro de 2008
[A Nosa Terra] Jorquera: “O que está en risco é o galego”
A proposta de Rajoy de garantir por lei os dereitos dos castelánfalantes xerou reaccións no BNG. Consideran que a lingua que precisa de especial amparo non é o castelán, senón ao revés.
O cabeza de lista do BNG ao Congreso por A Coruña, Francisco Jorquera, advertiu ao presidente do PP, Mariano Rajoy, de que "o que está en risco en Galicia é o galego e non o castelán", polo que expresou o seu rexeitamento á proposta de garantir por lei os dereitos dos castelánfalantes.
"Se algunha lingua precisa de especial amparo é o galego e non o castelán, que goza dunha moi boa saúde no noso país", esgrimiu Jorquera. Ademais, acusou o líder popular de "boicotear o consenso sobre o idioma" na comunidade, onde, ao seu xuízo, existe "un amplo apoio cidadán á posta en marcha do Plan de Normalización Lingüística".
Esta iniciativa foi aprobada na pasada lexislatura por unanimidade das tres forzas políticas con representación no Parlamento galego e, segundo opinión, do dirixente nacionalista, a entrada en vigor da lei proposta polo PP suporía a súa derrogación. "O PP quere romper ese consenso e faino cunha irresponsabilidade manifesta e colocándose en posicións extremistas de busca do conflito alí onde non o hai", inferiu.
Rajoy, “cada día máis desnortado”
Interpretou que a proposta de Rajoy invade competencias exclusivas da Xunta, polo que instou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a que manifeste a súa opinión ao respecto. "Non nos sorprende a falta de respecto que demostra Rajoy polo autogoberno de Galicia", resaltou, e xulgou que o líder galego está "cada día máis descentrado e desnortado no seu propio partido".
Fonte: A Nosa Terra.
Publicada por
de olho
à(s)
18:31
0
comentários
Etiquetas: ensino, Institucional
domingo, 13 de janeiro de 2008
Lengua gallega en cuerda floja entre 'normalización' y críticas 'imposición'
La lengua gallega, que en los últimos años ha retrocedido en número de hablantes aunque su uso se ha incrementado en la educación y en el ámbito político, afronta un proceso que para unos supone una 'normalización' y para otros una 'imposición' por parte de los poderes públicos.
El decreto adoptado por el Parlamento de Galicia que entró en vigor el año pasado para la 'promoción del gallego en el sistema educativo' obliga a las escuelas a aumentar las horas lectivas en ese idioma para que sea 'como mínimo del 50 por ciento' del horario lectivo.
Un informe, elaborado por el Instituto de Ciencias de la Educación y divulgado en abril por el Consello Escolar de Galicia, organismo asesor de la Xunta, señaló que en el sistema educativo gallego predomina el castellano.
La vicepresidenta del Consello Escolar de Galicia, Milagros Blanco, dijo a Efe que el decreto, que incrementa las horas lectivas en gallego y establece la obligatoriedad de que varias materias se impartan en esa lengua, fue consecuencia de un 'consenso' entre los profesionales del sector, los representantes de asociaciones de padres de alumnos y las principales fuerzas políticas.
Blanco reconoció que, posteriormente, 'el consenso se rompió' y que una de las fuerzas políticas, el PPdeG, se alejó de ese pacto promovido por la coalición PSdeG-BNG, que gobierna en la Xunta.
Tras la aprobación del decreto, la asociación Galicia Bilingüe se ha erigido en la más crítica a esas medidas al acusar a la Xunta de 'politizar' el uso de la lengua gallega en colegios, en detrimento del contenido y la calidad de la enseñanza.
La presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, que ha encargado una encuesta para averiguar 'qué es lo que realmente quieren los gallegos' en materia lingüística, indicó a Efe que su intención es mostrar si la población 'desea, por ejemplo, que los padres puedan escoger libremente la lengua en que estudien sus hijos o si los rótulos oficiales deben ser bilingües' en gallego y castellano.
Lago consideró que la Consellería de Educación y Ordenación Universitaria está aplicando una 'política impositiva' que corre el riesgo de hipotecar el futuro de una generación de alumnos.
El sociolingüista Henrique Monteagudo, secretario del Consello da Cultura Galega, indicó a Efe que 'de manera general ha habido una mejora cualitativa del uso de la lengua gallega entre la población, especialmente entre los jóvenes', como parte de las políticas de los poderes públicos, aunque reconoció que eso también ha conllevado un 'aumento del número de monolingües en gallego'.
En su opinión, 'el gallego tiene una inercia histórica de pérdida de hablantes que empieza ahora a superar', pero advirtió que 'el futuro de la pervivencia de esa lengua está todavía amenazado'.
Para Monteagudo, los sondeos que se han llevado a cabo entre la población en los últimos años indican 'una opinión claramente a favor de la galleguización de la vida pública y de la enseñanza', algo que consideró necesario.
El representante del Consello da Cultura Galega, organismo financiado por la Xunta, señaló que los recientes estudios indican que un tercio de las horas lectivas de los alumnos en Galicia se dan en gallego, se mostró partidario de aumentarlas y consideró que la decisión sobre el lenguaje que se debe utilizar en las escuelas 'no corresponde a los padres' sino 'a los poderes públicos'.
La socióloga e investigadora de la Universidad de A Coruña Isabel Suárez observó a Efe que el idioma gallego está en retroceso en el número de hablantes, especialmente por el éxodo rural hacia zonas urbanas, en las que predomina el castellano.
Suárez destacó que 'hay déficit de discurso social independiente de las instituciones y del ámbito político', lo que contribuye a 'politizar' el uso del lenguaje, y reconoció que eso puede ser un factor de 'conflicto' hacia determinados sectores de la población.
La socióloga consideró necesario que la población conciba que es 'sano utilizar diferentes idiomas en diversos contextos' y entender el plurilingüismo como 'algo positivo, un enriquecimiento' y no un enfrentamiento cultural, conforme ocurre en otros países europeos.
En una de sus frases célebres, el ilustre galleguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao advirtió que 'o idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural, pero logrou degradalo', en alusión a la castellanización forzada que relegó el gallego al ámbito rural.
Diversos informes sobre la situación del lenguaje en Galicia constatan una debilidad del gallego, pero alertan también del escaso conocimiento en otros idiomas de los alumnos o de la necesidad de más inversión en educación, factores que pueden contribuir a abrir horizontes al conocimiento y a las competencias necesarias para la juventud a la hora de afrontar la globalización.
Fonte: Terra.
Publicada por
de olho
à(s)
16:52
0
comentários
Etiquetas: ensino, Institucional, jornais
sábado, 12 de janeiro de 2008
[A Nosa Terra] Política Lingüística aposta pola Plan xeral de Normalización da lingua para evitar conflitos

E. P. Chama á unión para non facer da lingua un elemento de confrontación no ensino.
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, destacou hoxe o labor da Federación de Escolas Católicas de Galicia en defensa do galego, e que reuniu hoxe en Santiago a un centenar de profesores de centros escolares da comunidade autónoma no marco das II Xornadas de Normalización e Dinamización Lingüística.
No acto inaugural, Marisol López reflexionou sobre a necesidade do consenso político e social conseguido para a aprobación do Plan xeral de normalización da lingua galega, no que sentaron as bases para o Decreto do Galego non Ensino. "Debe ser a base da política lingüística de quen goberne co fin de evitar que a lingua sexa un elemento da discordia" reivindicou e lamentou os intentos de "facer da lingua unha arma arroxadiza".
Por outra banda, a secretaria xeral alentou o labor que a Federación de Escolas Católicas de Galicia en materia de normalización lingüística e referiuse a iniciativas como a Festa da Lingua, que organiza anualmente nos colexios.
Así mesmo, Marisol López aludiu aos distintos materiais e experiencias de dinamización que elaboran os docentes, polo que recordou o "éxito" do recente Seminario de Dinamización Lingüística no ensino. Ao respecto, animou o profesorado a participar unha vez máis na próxima edición para intercambiar novas experiencias.
Fonte: A Nosa Terra.
Publicada por
de olho
à(s)
14:09
0
comentários
Etiquetas: ensino, Institucional

