Mostrar mensagens com a etiqueta serviços públicos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta serviços públicos. Mostrar todas as mensagens

sábado, 5 de julho de 2008

Política Lingüística pon na rede os prototipos dos tradutores automáticos francés-galego e catalán-galego

Na páxina web da Xunta pódense utilizar xa estas ferramentas tecnolóxicas, que traducen páxinas web e textos de 4.000 caracteres. Na actualidade estase desenvolvendo o tradutor galego-castelán e o que permitirá traducir textos do galego ao inglés e viceversa

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de aloxar no portal web da Xunta de Galicia, con acceso libre e gratuíto, os prototipos dos tradutores automáticos francés-galego e catalán-galego.

Estas ferramentas ofrécenlle aos usuarios a posibilidade de traducir páxinas web, pero tamén textos de ata 4.096 caracteres. Deste xeito, refórzase notablemente a posibilidade de favorecer a libre circulación do galego nos sistemas tecnolóxicos avanzados e, en última instancia, o intercambio cultural, económico e social. Atendendo a un dos obxectivos prioritarios do Plan xeral de normalización da lingua galega, que observa as tecnoloxías da fala como un sector transversal, a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo á disposición da sociedade, hai xa dous anos, o tradutor automático castelán-galego de altas prestacións Es-Gl.

Na actualidade, estase desenvolvendo a versión galego-castelán deste tradutor, e tamén a ferramenta que permitirá a tradución do galego ao inglés e viceversa. Con estes novos prototipos, facilítase o acceso dos galegofalantes a textos en francés e catalán de todo tipo, o que permitirá consultar noticias de xornais, textos institucionais e todo tipo de documentos.

Fonte: Junta da Galiza.

Ler mais...

terça-feira, 1 de julho de 2008

[Público] Castigados por hablar su idioma


Los prejuicios aún lastran a quienes usan su idioma propio en las comunidades bilingües

La difusión del Manifiesto por una lengua común, cuyos promotores vienen a sostener que los castellanohablantes viven sojuzgados en las tres comunidades con lengua propia Catalunya, País Vasco y Galicia empieza a tener un efecto bumerán.

Un rosario de estadísticas y de casos concretos apunta en la dirección contraria a la señalada por el Manifiesto, de cuyo contenido ya se ha descolgado el poeta Antonio Gamoneda, Premio Cervantes 2006: son los hablantes de los otros idiomas cooficiales quienes con frecuencia se ven forzados a emprender una defensa numantina de su derecho netamente civila expresarse en la lengua materna.

A punto de cumplirse 30 años del nacimiento de la Constitución que consagra tal cooficialidad, la inercia centralista anclada en el franquismo aún perdura. El prejuicio o elcastigo a lo que no sea la norma castellana sigue vivo.

Las mil y una desventuras de un gallego en Galicia

Carlos Outeiro necesitó una intérprete para poder casarse en un juzgado. En Ferrol, Galicia, España, en el año 2005, cuando la Constitución que declaró el carácter cooficial de la lengua gallega tenía ya edad de mileurista: 27 años. Otro Carlos, Carlos Callón, dice desde el otro lado del teléfono: Todavía suceden las mismas cosas que hace más de 20 años.

Callón es el líder de la Mesa por la Normalización Lingüística, una ONG gallega con más de 3.200 socios que desde hace más de dos décadas defiende los derechos de los gallegohablantes, que vienen siendo la mayoría de los gallegos, según el CIS. Y el escritor Suso de Toro dice: La cultura española no se ha adecuado a los valores de la Constitución, al carácter co-oficial de las lenguas.

Los hechos dan la razón a Suso de Toro. No hay noticia, en Galicia, de ejemplos de vulneración de derechos de quienes se expresan en castellano. Sí que se conocen los problemas de los gallegohablantes. Como necesitar un intérprete para casarse. O como el caso de Xesús da Torre Martín, políglota hasta la médula: domina siete idiomas.

A principios de 2008, Xesús fue a una entrevista de trabajo en el Hotel Ciudad de Vigo. Desde el comienzo de la entrevista, el director del hotel se fue a la cuestión lingüística. Prohibido hablar en gallego, con clientes y con compañeros. La presión fue tal que Xesús decidió buscar trabajo en otro sitio.

Al fin y al cabo, si hubiese aceptado podría haberle pasado lo mismo que a Montse Irago, que perdió su empleo en una asesoría de Pontevedra por hablar en su idioma. O de otra trabajadora de una pizzería a la que le pasó tres cuartos de lo mismo. Sin empleo por hablar en gallego. 30 años después de la proclamación de la Constitución.

LAS CIFRAS

65%
> PORCENTAJE DE HABLANTES
Cerca del 65% de la población gallega habla siempre en gallego o más en gallego que en castellano. Sólo el 18% de la población censada es monolingüe en castellano, según los datos oficiales.

20%
> BAJÓN ENTRE LOS JÓVENES
Ese porcentaje, 20%, es lo que ha retrocedido el gallego entre la juventud en las últimas décadas. La enseñanza -principalmente en castellano- y los medios de comunicación dificultan la transmisión oral de la lengua.

8%
> SENTENCIAS EN GALLEGO
Sólo el 8% de las sentencias que se dictan en Galicia están redactadas en gallego. Un grupo de magistrados creó hace pocos días una asociación para la promoción del gallego en la Administración de Justicia.

Fonte: Público.

Ler mais...

sexta-feira, 25 de janeiro de 2008

[Diario de Ferrol] Unha Comisaría normalizadora

"Esto de ser garda civil ten o seu aquel. Home, arriscámonos, é certo, pero sempre queda a satisfacción de protexer ós demais, á xente pacífica que moitas veces ten que leirear con antisociais, menores e maiores, xente de fóra da lei, delicuentes de toda caste".

Así pode comezar unha espera habitualmente incómoda como a que adoita ter lugar antes de presentar unha denuncia ou realizar algunha xestión na Policía. Agora pode facerse máis curta e proveitosa coa lectura en galego.

campaña "En galego, con toda seguridade" promovida pola Xunta coa distribución dos "Contos de agardar", unha edición especial de relatos policiais que cumpren o dobre obxectivo de entreter e contribuír á normalización lingüística no ámbito policial.

As persoas que pasaron pola sala de espera da Comisaría local puideron elixir entre once títulos -agora xa quedan menos-, doutros tantos autores galegos, noveis e consagrados. "O Sinatra", de Salvador García Bodaño, "A memoria de Foolthe", de Carlos G. Reigosa; "A fuxida de Manuel", de Xosé Neira Vilas; ou "A ben dos demais", de Luís Manuel García Mañá -xefe superior da Policía Nacional en Galicia, por certo- son só algúns dos títulos desta peculiar escolma.

Colección > Son pequenos libros de menos dunha vintena de páxinas polas que desfilan diferentes historias, todas elas relacionadas dalgún xeito cos corpos de seguridade. A Ferrol foron destinados unha parte dos 60.000 exemplares que distribúen gratuitamente dende o mes de outubro nas comisarías galegas, así como nas dependencias dos corpos e forzas de seguridade do Estado, como as oficinas do DNI ou os cuarteis da Garda Civil. Na presentación da iniciativa, a secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, salientou que os "Contos de agardar" pretenden evitar que se produza a substitución lingüística "innecesaria e artificial en funcionarios e cidadáns".

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, Xoaquín Monteagudo, introduce cada volume lembrando que "os cidadáns poden, xa que logo, dirixirse en galego aos policías, con toda naturalidade (...) e tamén teñen todo o dereito do mundo a que os policías os atendan nesa lingua". E, agora, ademais, a oportunidade de ler, en galego e de balde.

Fonte: Diario de Ferrol.

Ler mais...

segunda-feira, 21 de janeiro de 2008

[Galicia-hoxe] Unha comisión recupera o 25% da toponimia galega

A Comisión de Toponimia recuperou o 25 por cento dos nomes de lugares do 1,5 millóns que estima que existe en Galicia e aspira a colgalos nun "xeoportal" na rede

Oito traballadores de campo e cinco de gabinete, xunto cunha comisión de expertos, traballan en Galicia para "salvar o patrimonio inmaterial" e para dotalo doutros usos en diferentes ámbitos. Este grupo conforma a Comisión de Toponimia e o proxecto que desenvolve servirá, nun futuro, para localizar incendios ou urxencias sanitarias con referencias xeográficas, que utilizarán os equipos de emerxencias para acudir ao lugar do suceso.

Xa este ano, a recompilación de topónimos incluirase nunha aplicación informática que se lles entregará aos concellos para que conten cunha ferramenta "útil" á hora de planificar tanto plans urbanísticos como rutas turísticas ao longo de conxuntos patrimoniais ou naturais.

Deste modo, cada entidade local disporá dunha ficha con cada un dos topónimos que fan referencia a lugares, ríos, muíños, castros ou outros elementos e, á súa vez, cada recensión contará cunha ficha na que se incluirá unha foto, unha explicación e descrición, as súas coordenadas e informacións lingüísticas -como se pronuncia, se existe unha segunda forma para a súa denominación, etc-.

"Facemos unha recollida de toponimia, pero non é unha mera lista de topónimos", reivindicou o coordinador da comisión, Xermán García, quen resaltou que a misión deste grupo é a de "salvar o patrimonio inmaterial" nun momento non que "aínda están a tempo" porque "segue viva a memoria" dos verdadeiros posuidores deste coñecemento que agora recollen.

O proxecto partirá cun uso "rudimentario", con descargas en Excel en computadores particulares, pero o obxectivo é que chegue ao público en xeral, co fin de que poida facer consultas nun "xeoportal" no que se recollerán estes datos. "Evidentemente, será unha busca máis simple" que o proxecto total, precisou e engadiu que, non por iso, deixará de ser unha ferramenta "importante de consulta".

A iniciativa ten unha proxección internacional

E non só iso, xa que esta iniciativa ten unha proxección internacional. Non en van, a comisión de toponimia traballa sobre estándares da Unión Europea, o que "axudará a integrar nun sistema nacional e europeo" a toponimia galega.

Ademais, a comisión executa a súa investigación coa vista posta en portais de internet como Google, porque nalgún momento "poderán servirse da información que lles interese". Nese caso, "terán a información mínima" que precisen.

De feito, esta comisión xa recolleu o 25 por certo dos topónimos de Galicia dos 1,5 millóns que estima que existen no país, posto que está calculado que hai da orde de 40 ou 50 topónimos por quilómetro cadrado en territorio galego. A causa, como non, radica na dispersión poboacional e a idiosincrasia de Galicia en xeral.

O aspecto lingüístico tamén se estende a niveis oficiais e institucionais, de maneira que esta recompilación aspira a "normalizar" situacións como que o Catastro recolla ata 20 formas diferentes para designar algunhas localidades. Así, con esta ardua tarefa de campo, "vila a vila e persoa a persoa", conseguiuse oficializar a fórmula Vilarrodís para un topónimo que se escribira de dúas decenas de formas distintas.

DESAPARECEN "PUENTEAREAS" OU "LA CORUÑA"

"Cada vez máis" galeguización

Segundo advirten, os topónimos proporcionan "moi boa información" para os estudos lingüísticos, posto que conservan formas xenuínas do galego que na lingua oral desapareceron ao longo da historia, sobre todo pola "imposición do castelán" que, dende a Idade Media, sufriu o territorio autonómico. Malia desaparecer fórmulas como "El Ferrol del Caudillo ou "La Coruña" do Instituto Nacional de Estatística, Xermán García constatou que "cada vez máis" se cumpre esta normativa, pero desvelou que "existen algunhas dificultades". Existen casos como Ponteareas (antes escrito Puenteareas) onde os alcaldes "se negaban" a cambiar a denominación. "É unha cuestión de legalidade, xa non é tanto unha cuestión de vontade", asegurou García.

Fonte: Galicia Hoxe.

Ler mais...

terça-feira, 15 de janeiro de 2008

A Mesa denuncia a vulneración de dereitos lingüísticos por parte de RENFE e ADIF

A asociación en defensa da lingua denuncia que os servizos ferroviarios, de titularidade estatal, “actúan como se o galego non existise”.

A Mesa pola Normalización Lingüística realizou esta mañá un acto reivindicativo na estación do tren de Santiago de Compostela para denunciar as vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas que RENFE e ADIF, como organismos públicos que xestionan as infraestruturas ferroviarias e a explotación dos camiños de ferro en Galiza, están a cometer, “incumprindo a lexislación lingüística vixente e os tratados internacionais subscritos polo Estado español en materia de dereitos lingüísticos, nomeadamente a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias”.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, e o coordenador de Zonas, Fran Rei, foron os encargados de entregar no servizo de atención ao cliente un documento no que se recollen as principais queixas e reivindicacións da asociación en defensa da lingua.

A primeira delas atinxe ao dereito do cidadán de ser atendido en galego, recollido no artigo 54.11 da lei 7/07, do estatuto básico do empregado público. “O persoal que traballa cara ao público en RENFE e ADIF, ao igual que en FEVE, non recibiu instrucións nin formación neste sentido, ni se deu a coñecer entre os usuarios e usuarias dos camiños de ferro a existencia deste dereito. Máis grave é que, en plena vixencia desta lei, ADIF chegue a xustificar, en comunicación coa Mesa pola Normalización Lingüística, o suceso acontecido en 2007 na estación de Pontevedra, no cal un traballador de venda de billetes lle reclamou a unha usuaria que non se dirixise a el en galego”, asegura a Mesa. Foi, tal e como asegura o presidente da Mesa, Carlos Callón, “a todas luces, a conculcación dun dereito básico e un incumprimento flagrante da lexislación”, que ADIF xustificou nunha carta á Mesa sinalando que “somos unha empresa de ámbito estatal, polo que o noso persoal, aínda que a maioría é de orixe galega, procede de toda a xeografía nacional, polo que é posible que se dea algún caso de non coñecer o noso idioma”.

No prego de queixas entregado pola Mesa pola Normalización Lingüística tamén se denuncia o incumprimento da lei no teléfono de atención ao cliente, 902 24 02 02, no cal se impón o uso do castelán a todas as persoas que o utilizaren.

Tal e como denuncia a Mesa, na renovación da páxina web de RENFE o galego ficou máis secundarizado. A opción de mudanza de lingua, que antes estaba nun espazo visíbel a calquera usuario ou usuaria, agora mudouse para a marxe inferior esquerda, sendo necesaria unha procura por parte de quen desexe poder ter a información na lingua propia de Galiza, pois non está entre os menús visíbeis nun primeiro momento na páxina de entrada. Porén, o web dispoñíbel en “gallego” é moi rudimentario, limitándose á posibilidade de consultar “Horarios e prezos”.

Exclusión do galego nos sinais luminosos

En varias estacións do tren do país, os sinais luminosos exclúen o galego, en información como “Antes de situarse en los puntos de venta, si necesita información solicítela en atención al cliente. Gracias”, “Larga distancia”, “Atención al cliente”, etc.

O galego está ausente de documentación e sinalizacións básicas que deberían estar en galego, tal e como sinalou o Consello de Europa no seu informe de 2005 sobre a aplicación en Galiza da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

O presidente da Mesa pola Normalización asegura que “o desleixo pola lingua é tal que, na actualización parcial das sinalizacións da estación de Santiago de Compostela, substituíse información que anteriormente estaba en galego por outra só en castelán e inglés”.

Para Callón, “resulta tamén inconcibíbel que a estas alturas poida haber na rede ferroviaria do Estado algunhas estacións nas que se continúe a utilizar arbitrariamente toponimia galega que non é oficial desde hai un cuarto de século, como é o caso por exemplo da estación de Chamartín (Madrid), onde en parte das sinalizacións e na megafonía se pode ver e ouvir *La Coruña”.

Fonte: Xornal.

Ler mais...